Contraproducións - Nacidas libres

22 de marzo de 2018

Hora: 20:15
Lugar: Edificio Multiúsos
Cidade: Monforte de Lemos
Fonte: AGADIC
Nacidas libres é ademais teatro dentro do teatro, na obra catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que cambiou de nome. En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais: "A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago". Con esa inspiración van argallando un espectáculo no que, con dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas ou a emigración.
Cristina Domínguez dirixe un elenco actoral formado por Rocío González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Susana Dans

Máis información AGADIC