Exposición A arte no cómic en Vigo

ata o 30 de xuño de 2018

Hora: 00:00
Lugar: Sede de Afundación
Cidade: Vigo
Fonte: Web de Afundación
Afundación leva a Vigo a exposición da Fundación Telefónica A arte no cómic. O proxecto explora a relación entre BD e pintura mediante reinterpretacións de obras clásicas por autores da novena arte como Catherine Meurisse, Manuele Fior, Enki Bilal ou David Prudhomme, así como autores do panorama estatal como Miguel Ángel Martin, Álvaro Ortiz, David Sánchez, Antonio Altarriba ou Santiago García. A maiores, autores galegos como Brais Rodríguez e Miguelanxo Prado están presentes na mostra, que conta cunha obra específica de Jacobo Fernández realizada para Afundación.

A exposición inclúe visitas guiadas, propostas educativas actividades paralelas como un ciclo de cinema coas películas de animación máis galardoadas, mesas redondas con ilustradores, unha actividade de creación en directo, e a exhibición dun cómic xigante deseñado expresamente para a sala de exposicións por dous artistas de Vigo, Andrés Magán e Begoña García-Alén.

Máis información Web de Afundación

Web de Afundación
00:00
Banda deseñada
Vigo
Facebook de Banda Deseñada
18:30
Banda deseñada
Vigo