Exposición: Historietas del tebeo 1917-1977

ata o 14 de outubro de 2018

Hora: 00:00
Lugar: Museo de Arte Contemporánea
Cidade: A Coruña
Fonte: Web da Fundación Naturgy
O Museo de Arte Contemporánea da Fundación Naturgy na Coruña (antigo Macuf) acolle ata o mes de outubro a exposición Historietas del tebeo 1917-1977. Comisariada polo investigador Toni Guiral e desenvolvida polo Museo ABC en colaboración coa Obra Social la Caixa, a mostra percorre a historia da BD española desde o nacemento da revista TBO ata a creación da cabeceira Tótem. Orixinais e publicacións históricas amósanse de xeito cronolóxico e temático a achegar unha retrospectiva sobre a evolución da novena arte estatal.

Máis información Web da Fundación Naturgy