Presentación de Legado con Kike Benlloch e Xulia Pisón

15 de setembro de 2018

Hora: 19:00
Lugar: Libraría Alita Orzán
Cidade: A Coruña
Fonte: Facebook de Alita
O guionista Kike Benlloch e a debuxante Xulia Pisón visitan a libraría Alita Cómics Orzán para presentar Legado, un volume editado pola propia libraría. Este traballo é o primeiro conxunto dos dous creadores, e preséntase como unha historia de ciencia ficción de 28 páxinas a branco e negro que concluirá nun segundo volume. Logo da presentación, ás 23.30 celebrarase unha festa en La Salita de Juegos (Rúa Tren, 10).

Máis información Facebook de Alita