Presentación e exposición de Pinturas de guerra

ata o 30 de abril de 2019

Hora: 19:00
Lugar: Recinto Feiral
Cidade: Pontevedra
Fonte: Web do Salón do Libro
Ángel de la Calle presenta unha exposición de orixinais da súa última novela gráfica, Pinturas de guerra no marco do Salón do Libro de Pontevedra. A obra, traducida ao galego por Retranca Editora, recibiu o premio á Mellor Obra no Salón do Cómic de Barcelona 2018 e foi o único nominado español no prestixioso premio do Festival Internacional de BD de Angouleme 2019. O autor presentará este traballo canda ao editor Kiko da Silva nunha sesión o día 11 ás 19 horas.

Máis información Web do Salón do Libro