Fun Fun Fun. Movidote de autoedición IV

22 de xuño de 2019

Hora: 12:00
Lugar: Unitaria
Cidade: Santiago de Compostela
Fonte: Facebook do Fun Fun Fun
Compostela acolle a cuarta edición do Fun Fun Fun. Movidote de autoedición. Unha feira de "papeis autoimpresos, pero tamén os vosos traballos manuais, a música feita na casa, a roupiña autoproducida, as pelis de guerrilla feitas por amor ao arte, e por suposto as vosas extrañas creacións sen nome nin entrada no dicionario" canda a mesas redondas e outras actividades fan parte do programa do evento.

Máis información Facebook do Fun Fun Fun