» banda deseñada »  autores
covelow2.jpgCovelo Moreira, Hugo
Vigo  1976   
Teléfono: 676 664 532 /
Enderezo electrónico: hugo.covelo@gmail.com



Hugo Covelo
Debuxante
Un dos autores fundamentais do colectivo Polaqia desde 2003 e do seu buque insignia, o fanzine "Barsowia", presidiu a asociación durante varios anos. Ten colaborado en revistas como "Buen Provecho" e en fanzines como "Chámalle X", "Cabezabajo", "Comikaze" e o "Fanzine das Xornadas". Participou nas exposicións "Vigo nas sombras II", "Cómics en Vigo" e "Semana de Banda Deseñada 2000". Contribuiu a volumes colectivos como "H2Oil", "Marzo, en tinta propia", "Barsowia en llamas" e "Capital". Ten impartido obradoiros de banda deseñada coordenados pola Casa de Xuventude de Ourense.

Palmarés
Quinto premio no XV concurso galego de banda deseñada Xuventude 1999 con "O segredo de Vanessa". Segundo premio no concurso de Imaxe Artística, modalidade de banda deseñada organizado pola Consellaría de Xuventude, no certame de 2002, coa historia "Dúas maletas de cartón". Mención especial no concurso de cómic de Arteixo en 1999. Premio Rozas Joven do concello de Las Rozas (Madrid) coa historieta "Devolución Industrial" con guión de Kike Benlloch. Como presidente da A.C.Polaqia recolleu en dúas ocasións galardóns a Barsowia no Salón do Cómic de Barcelona: En 2006 o premio do público ao mellor fanzine de 2005, e en 2007 o premio oficial ao mellor fanzine de 2006.

Formación específica
Licenciouse en Belas Artes pola facultade de Pontevedra.
publicacións
Fanzine
Cousas que non nos gustan
Guionista, Humorista gráfico, Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Fanzine
*!*
Ilustrador,
Álbum
Barsowia en llamas
Debuxante, Guionista,
Álbum
Capital
Debuxante,
Revista ou comic-book
Vilar de Santos a través do tempo
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Editor, Debuxante, Portadista,
Álbum
H2Oil
Debuxante,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Debuxante,
Revista ou comic-book
Semana da banda deseñada
Debuxante,
Fanzine
Comikaze
Debuxante,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Debuxante, Guionista, Portadista,
Fanzine
Chámalle X
Debuxante,


  Noticias relacionadas

Polaqia adianta a súas novidades para Viñetas
Publicado o 28 / 7 / 2011
Verán a luz o último número do Barsowia, un libro bosquexos e un volume con dúas historias independentes
Santiago García gaña o IV Certame de BD do Valadouro
Publicado o 10 / 11 / 2010
A obra Laguna valeulle os 600 euros de premio
Polaqia presenta as súas novidades para agosto
Publicado o 22 / 7 / 2010
Pictodiario de Urbanoscar, Barsowia 15 e o sketchbook de José Domingo sairán á venda o vindeiro mes
Polaqia adianta os seus lanzamentos para o Saló de Còmic
Publicado o 5 / 5 / 2009
As novidades consisten nun novo número de Barsowia e El Corazón de los Árboles
A Deputación de Pontevedra presenta unha nova revista dedicada ás artes
Publicado o 16 / 12 / 2008
Quiosco: Biscuit
Zona Negativa entrevista a Tirso mentres Kike Benlloch publica en Portugal e Hugo Covelo redeseña o web
Publicado o 12 / 11 / 2007
Redada: Entrevista e actualizacións
Tirso Cons, Hugo Covelo e mais José Domingo achegan á rede mostras dos seus últimos proxectos
Publicado o 29 / 6 / 2007
Redada: Revisión de proxectos

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org