» banda deseñada »  autores
sergiocovelo2.jpgCovelo Moreira, Sergio
Vigo  1976   
Teléfono: 669 610 274 /
Sergio Covelo
Debuxante
Desde 2001 adícase ao deseño gráfico e puntualmente á ilustración e á BD. Colaborou en diversos fanzines, entre os que se contan, a nivel estatal, "Cabezabajo" e "Dos veces breve", e a nivel autonómico, "Chámalle X", "Whore!", "Comikaze" e o "Fanzine das Xornadas". Participou no suplemento xuvenil "Golfiño" de La Voz de Galicia e nas exposicións "Vigo nas sombras II", "Cómics en Vigo" e "Semana de Banda Deseñada 2000". É un dos autores fixos da revista "Barsowia" e colaborou coa publicación “Código Cero”. Contribuiu aos álbumes colectivos "H2Oil" e "Barsowia en Llamas" (Dolmen, 2006) e á novela gráfica "Capital" (Edicions de Ponent, 2006).

Palmarés
Gañou un accésit no Concurso Galego de Banda Deseñada, categoría B (18 a 30 anos) en 1997. Coa historia "A realización persoal de D.X." levou un accésit no XV concurso galego de banda deseñada Xuventude 1999. Recibiu o primeiro premio no Certame de Cómic de Arteixo (2000), categoría C (adultos), coa historia "Salvar o Ovo Ryan", unha parodia culinaria do filme de Steven Spielberg. Xunto con Kike Benlloch fixo "Asasinos", 2º premio na categoría A do certame de cómic de Cangas 2007.

Formación específica
Licenciado en Belas Artes pola facultade de Pontevedra. Curso de infografía audiovisual.
publicacións
Fanzine
Cousas que non nos gustan
Debuxante, Humorista gráfico,
Revista ou comic-book
Bajo Asedio / La Desertora
Debuxante, Guionista,
Fanzine
Improv!!
Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Álbum
Barsowia en llamas
Entintador,
Álbum
Capital
Debuxante,
Revista ou comic-book
Vilar de Santos a través do tempo
Debuxante,
Revista ou comic-book
O tebeo do Salón de Cangas
Entintador,
Revista ou comic-book
Barsowia
Debuxante, Guionista, Editor, Portadista,
Álbum
H2Oil
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Certame de cómic de Arteixo
Debuxante,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Semana da banda deseñada
Debuxante,
Fanzine
Comikaze
Debuxante,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Debuxante, Guionista, Portadista,
Fanzine
Chámalle X
Debuxante,


  Noticias relacionadas

Novos lanzamentos afianzan o panorama da banda deseñada alternativa
Publicado o 18 / 4 / 2017
O novo número de Finnegans coincide cos últimos traballos de Roberto Massó e Andrés Magán
O catálogo de Libros infantís e xuvenís de Galicia 2017 reúne máis de 100 títulos
Publicado o 3 / 4 / 2017
A publicación representa a partir de hoxes as nosas letras na Feira de Boloña
BD: a nova xeración
Publicado o 27 / 4 / 2015
O nacemento de novas publicacións e colectivos reforza o panorama da novena arte galega
Os debuxos xa non son só para nenos
Publicado o 7 / 1 / 2015
O proxecto Ilustradots amosa a forza e a variedade dos ilustradores galegos
Debuxar por debuxar
Publicado o 3 / 9 / 2014
Diferentes propostas reivindican o pracer do debuxo e animan a practicar esta arte
Novas ondas no Atlántico
Publicado o 4 / 8 / 2014
As propostas de novos creadores destacan no festival de BD da Coruña
Novas propostas de BD quentan motores para Viñetas desde o Atlántico
Publicado o 22 / 7 / 2014
Altar Mutante, A vila dos debuxantes do Norte, Low Cost ou Nacho Camacho son algunhas das novidades

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org