» banda deseñada »  autores
antonioseijas.jpgSeijas Cruz, Antonio
Ferrol (A Coruña)  1976   
Enderezo electrónico: antonio_seijas@hotmail.com



Antonio Seijas
Debuxante
Colaborou coa revista Golfiño de La Voz de Galicia ao longo de 2003. Ilustrou a revista Murguía e contribuiu ao catálogo da VII Bienal da Caricatura de Ourense en 2004. Debuxou para o libro "Dos avogados e da xustiza, no sentir popular" de Alberto Pascual e foi seleccionado como finalista no certame “Na Vangarda-Banda Deseñada” da Xunta de Galicia (2004). Participou no libro homenaxe a Joan Manuel Serrat (de edición de exemplar único), con autores como Forges, Cels Piñol ou Xaquín Marín. Fixo tiras cómics en 2005 para a revista infantil “Iguana” (Arizona, Estados Unidos). No apartado de exposicións, participou na "Memoria do humor" e na itinerante "Humor Crú", ambas do Museo do Humor de Fene, na mostra "Convivindo con José Craveirinha". Obras súas tamén se teñen incluído na exposición “Can de palleiro” da Asociación Galega de Profesionais da ilustración (AGPI) e nos festivais Viñetas desde o Atlántico 2006, XVII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense (2005), XVIII Xornadas de BD de Ourense (2006).

Palmarés
2º Premio no concurso de cómic da revista cultural ferrolá "Desafío" (1994). Accésit no concurso de BD "O Alfaiate" (A Coruña 2004). Premiado no VII Concurso de Caricaturistas Noveis dentro da VII Bienal de Caricatura de Ourense (2004). Finalista do concurso de cómic da Xunta de Galicia “Na Vangarda 2004”. Accésit no VII Concurso de Cómic "Alcazul Tomelloso" (2004). 2º Premio no concurso de BD “O Alfaiate-Empuje.net” (A Coruña 2005). 1º Premio no concurso de cómic “Ciudad de Dos Hermanas” (Sevilla 2005). 3º Premio no concurso de cómic “Mari Puri Express” do concello de Torrejón de Ardoz (2005). 2º Premio no X Certame de banda deseñada de Arteixo (2005). Gañador en 2006 do II Premio Castelao da Deputación da Coruña con “Un home feliz”. Por "Un hombre feliz", a edición en castellano, recibiu o premio do público ao mellor guión de 2007 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona (2008).

Formación específica
Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1994-1998). Curso de Conservación do Patrimonio, na Facultade de Xeografía e Historia (Santiago de Compostela).
publicacións
Álbum
Cartas de inverno
Ilustrador, Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Álbum
Un hombre feliz
Guionista, Debuxante,
Álbum
Un home feliz
Debuxante, Guionista,
Álbum
Na Vangarda
Debuxante,
Revista ou comic-book
Golfiño
Debuxante,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,


  Noticias relacionadas

Chegan aos andeis anunciadas obras de autores galegos
Publicado o 16 / 10 / 2007
Nas librarías
Os dous últimos premios Castelao preséntase venres en Viñetas desde o Atlántico
Publicado o 14 / 8 / 2007
Castelao 2
Antonio Seijas faise coa segunda edición do Premio Castelao de Banda Deseñada
Publicado o 21 / 7 / 2006
Seijas é Castelao
O álbum “Onde ninguén pode chegar” válelle a David Rubín o premio Castelao de BD
Publicado o 1 / 8 / 2005
O Rubín máis Castelao

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org