» banda deseñada »  autores
marianocasas.jpgMariano Casas Gil
Madrid  1971   
Enderezo electrónico: contacto@marianocasas.com



Mariano Casas
Debuxante
Entrou en contacto coa banda deseñada a través dun curso impartido por M. A. Gallardo en Las Palmas de Gran Canaria a mediados dos oitenta. Despois, cando estudaba Belas Artes na Facultade de Pontevedra a primeiros dos noventa, fixo viñetas de xeito esporádico para revistas da Universidade de Vigo como "Xeitos e feitos", e edicións da propia facultade de BBAA. Realizou o cómic para a revista "Consumidores", editada polo Instituto de Consumo da Xunta de Galicia e colaborou en fanzines como "Cretino" e "A tu moe". Os dous volumes de "Las historias de Mariano" son a súa principal edición. Son libros a toda cor conformados por historias curtas deseñadas con técnica dixital. Olla no noso soportal AVG cinco micrometraxes de Mariano Casas que adaptan BDs súas.

Palmarés
Gañador en 2008 do Premio Castelao de BD da Deputación da Coruña coa obra Mensaxes.

Formación específica
É licenciado en Belas Artes pola facultade de Pontevedra na especialidade de pintura e actualmente é profesor de ensino medio na asignatura de debuxo.
publicacións
Álbum
El club del miedo
Debuxante, Guionista,
Álbum
La mancha negra
Debuxante, Guionista,
Álbum
A historia xamais contada xamais contada
Debuxante, Guionista,
Álbum
Mensaxes
Debuxante, Guionista,
Álbum
Luces / Farwest
Editor, Guionista, Debuxante,
Álbum
Las historias de Mariano 3
Debuxante, Guionista, Editor,
Álbum
Las historias de Mariano 2
Debuxante, Guionista, Editor,
Álbum
Las historias de Mariano 1
Debuxante, Guionista, Editor,
Álbum
Amor negro
Guionista, Debuxante,
Fanzine
El amor no dura siempre
Debuxante, Guionista,
Fanzine
La gran ola
Guionista, Debuxante,


  Noticias relacionadas

O verán arrinca con novos lanzamentos de BD
Publicado o 11 / 7 / 2018
Altar Mutante estrea colección e suma entrega da súa cabeceira
Saen á venda os últimos Premios Castelao de banda deseñada
Publicado o 26 / 4 / 2016
Mariano Casas asina El nuevo ídolo de Marc
José Ángel Ares continúa carreira en España con El rey de la carretera
Publicado o 7 / 4 / 2016
Mariano Casas autoedita La carga
Autores galegos visitan o Saló del Còmic de Barcelona
Publicado o 10 / 4 / 2013
Entre eles están os candidatos aos premios e debuxantes que presentan os seus traballos
Mariano Casas publicará El Club del Miedo
Publicado o 6 / 11 / 2012
Idoia de Luxán tamén recorre ao Crowdfunding para financiar un proxecto de BD
O crowdfunding chega á banda deseñada
Publicado o 1 / 10 / 2012
Mariano Casas e Carlos Trigo recorren a esta fórmula para financiar a súas vindeiras obras
Menos postos e máis sinaturas no Saló del Còmic de Barcelona
Publicado o 3 / 5 / 2012
A BD Galega non conta con presenza institucional por segundo ano consecutivo

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org