» banda deseñada »  autores
imaxe_autor.jpgCastiñeiras Isorna, Fausto
Catoira (Pontevedra)  1961   
Fausto Isorna
Debuxante
A comezos dos anos oitenta iniciou a súa actividade na banda deseñada, coa participación en publicacións como "Aula Aberta", "Tintimán", "El Correo Gallego" ou "Atlántico Diario". Creou o fanzine "Valium dez", auténtico referente na banda deseñada dos oitenta, e a revista "Das Capital". Ademais realizou como debuxante os álbumes "Os viaxeiros do tempo" e a serie "Un misterio para Simón", até o momento a máis longa editada en Galicia. Ten levado a cabo numerosos traballos como ilustrador e deseñador gráfico. É o director artístico da revista "Golfiño", tanto na súa primeira (ed. Xerais) como segunda etapa (ed. La Voz de Galicia).

Palmarés
Premio Ourense de BD 1996 da Casa da Xuventude de Ourense pola súa traxectoria. Premio Ourense de BD 2002 para a revista "Golfiño" de La Voz de Galicia.
publicacións
Álbum
Golfiño e os invasores | Golfiño y los invasores
Guionista, Debuxante,
Álbum
Galimatías Anos 0 e 1 (2 volumes)
Portadista, Guionista,
Álbum
Enigma soterrado
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Galimatías
Direccion, Guionista,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Direccion, Ilustrador, Crítico,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Catálogos e manuais
Salón do Cómic de Cangas: Dez Anos de Viñetas
Ilustrador,
Catálogos e manuais
La historieta gallega
Investigación, Debuxante,
Revista ou comic-book
Golfiño
Direccion, Guionista, Debuxante, Portadista,
Álbum
Un misterio para Simón
Debuxante,
Álbum
O cómic en Galicia
Debuxante,
Revista ou comic-book
Debuxantes en banda
Debuxante,
Revista ou comic-book
Cine e historieta galega
Debuxante,
Revista ou comic-book
Das capital
Direccion,
Álbum
Os viaxeiros do tempo
Debuxante,
Revista ou comic-book
Valiundiez
Direccion,


Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org