» banda deseñada »  autores
ramontrigo.jpgTrigo Alonso, Ramón
Vigo (Pontevedra)  1965   
Ramón Trigo
Debuxante
Publicou o relato breve autoconclusivo "Vitapakouras" no BD Banda nº6. Aquel era o seu retorno aos cómics despois dunha prolongada ausencia do medio. Colaborando especialmente na escena local de revistas e fanzines, este autor participara na eclosión cultural viguesa dos oitenta. Tamén traballou para o Faro de Vigo e para o fanzine de Cangas "O pito cairo". Despois o seu labor decantouse pola ilustración de libros como "As luces que se acenden e se apagan", "O pirata pata de lata", "Santos e defuntos" e "Casa Vacía". "Historias de los niños sobrenaturales" é o seu primeiro álbum longo de banda deseñada.

Palmarés
Pola obra “Kartoffel”, asinada conxuntamente co seu irmán José Trigo Alonso, foi finalista no V premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña.
publicacións
Álbum
O burato do inferno | El agujero del infierno
Debuxante,
Álbum
Historias de los niños sobrenaturales
Debuxante,
Revista ou comic-book
Remolcamadriña II
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Remolcamadriña
Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

O MARCO presenta o proxecto PANTOQUE de Ramón Trigo e Eduardo Armada
Publicado o 16 / 11 / 2018
A confluencia das artes plástica e visual reinterpreta a actividade real dun estaleiro
Corenta autores colaboran con Yolanda Castaño na primeira BD poética galega
Publicado o 18 / 10 / 2018
Xerais publica O puño e a letra que escolma 40 poemas da autora
Ramón Trigo e Alberto Taracido publican cadansúa BD
Publicado o 6 / 4 / 2018
A Deputación da Coruña lanzou O corpo de Cristo obra coa que Bea Lema gañou o Premio Castelao
Agar Ledo dimite do MARCO
Publicado o 13 / 2 / 2018
A responsable de exposicións deixa o museo vigués ante a deriva do proxecto
O Concello de Vigo adiántalle ao Padroado a vindeira programación do MARCO
Publicado o 30 / 1 / 2018
Artistas galegos contemporáneos, Julio Verne ou Colmeiro son algunhas das mostras previstas
Víctor Boullón debuta con Aleida, cidade sen alma
Publicado o 21 / 7 / 2016
Xosé e Ramón Trigo únense en Lobada e Retranca presenta Impresiones de la isla
Libreiros e editores non coinciden nos seus galardóns
Publicado o 16 / 3 / 2015
Esta fin de semana entregáronse os premios da Edición e mais os Irmandade do Libro

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org