» banda deseñada »  autores
victormoscoso.jpg
A Coruña  1936   
Enderezo electrónico: electriccity@earthlink.net



Víctor Moscoso
Debuxante
Autor dos Estados Unidos con orixes galegas. Cando el tiña catro anos, os seus pais mudáronse para o barrio de Brooklyn en Nova York, levándoo a el e mais a outro irmán menor. Despois de rematar os estudos en Yale, foise co seu irmán para San Francisco, onde chegou en coche en 1959. Desenvolveu diversos traballos mais fíxose famoso nos anos sesenta cos seus posters psicodélicos na mítica escena hippy da cidade. Tamén tivo eco o seu labor na área da banda deseñada underground, especificamente no título Zap Comix, a finais dos sesenta. Desde aquela ten traballado en cartelismo, publicidade e portadas de discos de música de intérpretes como Jerry Garcia ou Herbie Hancock.

Formación específica
Estudou no instituto Cooper Union de Brooklyn e despois na universidade de Yale, onde se graduou en Belas Artes.
publicacións


  Noticias relacionadas

Incorporamos a Víctor Moscoso á nosa base de autores galegos de BD
Publicado o 7 / 10 / 2008
O recoñecido artista underground naceu nas proximidades da Coruña

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org