» banda deseñada »  autores
ret_jano3.jpgViñuela Agra, Alejandro
A Coruña  1979   
Jano
Debuxante
Destacou de novo como editor de "Lixo", publicado tras outros fanzines como "Baixochán" ou "Monográfico" . A súa primeira obra profesional de cómic foi "Nieve Negra" (1999-2000), con guión de Adrián López e Kike Benlloch, unha das escasísimas BDs de autores galegos publicadas fóra de Galicia na década dos 90. Autor de fanzines ("Calamar") e coordinador de outros ("Sintoteca"), ten colaborado en diversas publicacións de todo o Estado ("Buen Provecho", "Tos", "BD Banda") e en varias exposicións colectivas. Cofundou e participou no colectivo Polaqia (2001-2002) con dúas historias na colectánea "Mmmh!!" e co título propio "Patricia". Colaborou na obra colectiva "Tapa Roja" (Sinsentido, I-2004) e participa en diversos fanzines ("Fanzine Enfermo", "Carne Líquida"). O seu monográfico "Layka" foi publicado en 2005 por Cabezabajo Ediciones, de Madrid, recollendo obras parcialmente editadas en diversas publicacións.

Palmarés
Ten un extenso palmarés: Entre outros galardóns, foi premiado en Arteixo 1998, Cangas 2001, Ourense 2001 (4º premio da categoría de 19 a 22 anos) e Alacante 2001 (mellor guión). Gañou o prestixioso galardón Injuve (2002). Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (Casa da Xuventude de Ourense, 2003) por "Layka", obra vencedora do IV Certame de Imaxe Artística 2003. Gañou o 3º premio do I Certame de Imaxe Artística Xuventude 2000 modalidade BD, categoría de 18 a 22 anos, por "Ninguén te quere xa".

Formación específica
Licenciado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra.
publicacións
Álbum
Operario
Guionista, Debuxante,
Álbum
3x1
Debuxante, Guionista,
Álbum
Ratoon
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Centoloman
Debuxante,
Álbum
Enfermo
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
ETT
Direccion, Portadista, Debuxante, Guionista, Humorista gráfico,
Revista ou comic-book
Layka
Guionista, Debuxante,
Álbum
Na Vangarda
Debuxante,
Revista ou comic-book
O tebeo do Salón de Cangas
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Portadista,
Álbum
H2Oil
Guionista, Debuxante,
Fanzine
Carne líquida
Debuxante, Ilustrador,
Fanzine
Dynamo
Debuxante,
Revista ou comic-book
Patricia
Debuxante, Guionista, Editor,
Fanzine
The Warriors
Debuxante, Direccion,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Guionista, Debuxante,
Álbum
Mmmh!!
Guionista, Debuxante, Editor,
Fanzine
Sintoteca
Debuxante, Direccion, Deseño gráfico,
Revista ou comic-book
Certame de cómic de Arteixo
Debuxante,
Fanzine
Langrão/Sin fé
Debuxante, Portadista,
Fanzine
Pilas, condones y cintas vírgenes
Debuxante,
Fanzine
Calamar
Debuxante, Guionista,
Fanzine
Craneofilia
Ilustrador,
Fanzine
Alopecia mental
Guionista, Debuxante,
Fanzine
Merienda de locos
Debuxante,
Revista ou comic-book
La Carallada
Debuxante,
Fanzine
Andando correndo pola chaira
Debuxante,
Fanzine
Lixo
Direccion, Debuxante,
Fanzine
Macabro
Debuxante,
Fanzine
Baixo Chan
Debuxante,
Fanzine
Morrerás esganado
Debuxante,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,


  Noticias relacionadas

A Mostra de Teatro Clásico de Lugo recupera a súa entidade
Publicado o 24 / 2 / 2020
A XXª edición ofrecerá 10 representacións no mes de marzo
Continental: Un clásico de vangardas
Publicado o 26 / 12 / 2019
Xavier Villaverde rompeu co establecido en fondo e forma
Catro nomes reparten as axudas para asistir a feiras do sector do libro
Publicado o 2 / 10 / 2019
Nuria Díaz Berride, Yolanda Castaño, Anxo Fariña e Jano son as persoas beneficiadas
'Trote' e 'La Sombra de la Ley' empatan en candidaturas nos premios Mestre Mateo
Publicado o 7 / 2 / 2019
As longametraxes optan a quince galardóns da Academia Galega do Audiovisual nesta XVIIª edición
Corenta autores colaboran con Yolanda Castaño na primeira BD poética galega
Publicado o 18 / 10 / 2018
Xerais publica O puño e a letra que escolma 40 poemas da autora
'La Sombra de la ley' de Dani de la Torre con Tosar estrearase en Sitges
Publicado o 12 / 9 / 2018
O festival internacional acollerá o vindeiro 5 de outubro en sección oficial a película de Vaca Films
De Estudios Abertos achega á poboación da Coruña 50 espazos creativos
Publicado o 6 / 4 / 2018
A terceira edición do programa celébrase este sábado 7 de abril

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org