» banda deseñada »  autores
neveira.jpg
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)  1984   
David Buceta
Debuxante
Debuxante que creou o fanzine “Sinónimos de Lucro” en 2009. Leva desde 2005 traballando nas tiras cómicas mensuais de “El Ángel Golondrino” para Ondas de Arosa, da Parroquia Santa Eulalia de Arealonga. Participou en diversas mostras co colectivo Nenos Pintores de Arousa e organizou exposicións vencelladas ao seu fanzine. Debuxou guións de David Braña en Culebra Cómics nº1 (FX Gràfic 2006) e Rip Culebra nº1 (FX Gràfic 2007). Na mesma editora tamén ilustrou argumento de Fx Pérez, en Los Barrufos e fixo un cómic de dez páxinas para La Selva de Cristal. En 2008 continuou traballando para FX Gràfic, desta volta na revista erótica Femme X números 1 e 2, de novo en colaboración con Braña. Recuncou con Pérez en Wat-man: El Caballero Opaco, doutra volta publicado por FX Gràfic.

Palmarés
1º Premio Comarcal de Normalización Lingüística do Salnés nos anos 2001 e 2002.

Formación específica
Cursou bacharelato artístico no IES Miguel Ángel González (Carril), Ilustración na Escola Pablo Picasso. Formou parte dos Nenos Pintores de Arousa.
publicacións
Revista ou comic-book
El Arca de las Historietas
Debuxante,
Revista ou comic-book
Sinónimos de Lucro
Debuxante, Guionista, Editor,
Revista ou comic-book
Enormic
Debuxante, Guionista,


Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org