» banda deseñada »  autores
Xaquín Marín
Debuxante
Un dos autores máis clásicos das viñetas galegas, sobre el recae a honra de ser, xunto con Raimundo Patiño, fundador da banda deseñada galega. En 1975 editou con Patiño "2 Viaxes", o primeiro álbum do noso cómic. Desde entón ten compaxinado ilustración, BD e un inxente labor como cartelista e humorista gráfico. Asinou álbumes de BD como "Ratas", "Gaspariño" (dous volumes) e "Dos pés á testa". Ten colaborado cunha infinitude de publicacións que inclúen "Teima", "A Nosa Terra", "El Ideal Gallego", "Das Kapital", "Can sen dono", "A ameixa cacofónica", "Diario16", "La Codorniz" e "Hermano Lobo". Ten colaborado regularmente coa revista "Golfiño" nas súas dúas etapas. Defensor das libertades e da língua galega nos anos finais da dictadura, contribuiu activamente a iniciativas artísticas posteriores como a resposta crítica á crise do Prestige, promovendo a exposición "Humor Cru" e participando no álbum de cómic "H2Oil" (2003). Xaquín é a alma mater e director do Museo do Humor de Fene, unha iniciativa sen parangón no estado.

Palmarés
Ten recibido numerosos premios polo seu labor de ilustrador e humorista. Premio Ourense de BD 1991 da Casa de Xuventude de Ourense.
publicacións
Álbum
As dúas viaxes
Guionista, Debuxante,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Portadista, Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Álbum
Cen+cen pés
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Retranca
Guionista, Debuxante,
Catálogos e manuais
Salón do Cómic de Cangas: Dez Anos de Viñetas
Ilustrador,
Catálogos e manuais
La historieta gallega
Portadista, Ilustrador,
Álbum
Ratas
Debuxante, Guionista,
Álbum
H2Oil
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
A banda do 17 (Cadernos A Nosa Terra)
Protagonista,
Revista ou comic-book
Cine e historieta galega
Debuxante,
Revista ou comic-book
Das capital
Debuxante,
Álbum
O home que falaba arameo
Debuxante, Guionista,
Álbum
Dos pés á testa
Guionista, Debuxante,
Fanzine
El patito feo
Debuxante,
Revista ou comic-book
Can sen dono
Debuxante,
Álbum
Gaspariño
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Coordenadas
Debuxante,
Revista ou comic-book
A ameixa cacofónica
Debuxante,
Álbum
Ratas
Guionista, Debuxante, Portadista,
Álbum
Dúas viaxes
Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

O ilustrador da elegancia
Publicado o 29 / 1 / 2019
O Día da Ilustración reivindica a Federico Ribas, autor internacional que centrou a súa carreira na publicidade
Xerais publica un libro sobre os pioneiros da banda deseñada galega nos anos 70
Publicado o 23 / 1 / 2019
Xulio Carballo explica e contextualiza o desenvolvemento da novena arte nese convulso período
Corenta autores colaboran con Yolanda Castaño na primeira BD poética galega
Publicado o 18 / 10 / 2018
Xerais publica O puño e a letra que escolma 40 poemas da autora
Editoras, librarías e autoras dan a coñecer os finalistas dos Premios da III Gala do Libro Galego
Publicado o 2 / 3 / 2018
Os galardóns, que incorporan a banda deseñada, entregaranse o 19 de maio en Compostela
Galaxia publica o integral do Tonecho de Xaquín Marín
Publicado o 22 / 11 / 2017
Beatriz Rodríguez Gregores fíxose co premio Xuventude Crea de Banda Deseñada
Medra a edición de BD en galego
Publicado o 4 / 10 / 2017
Novas publicacións teóricas abordan a novena arte no país
Abre na Coruña unha mostra histórica sobre a BD galega dos anos 70
Publicado o 18 / 11 / 2016
BDG70: a revolta do cómic galego pode verse na sala Normal ata o 31 de decembro

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org