» banda deseñada »  autores
javimontes.jpgMontes Pampín, Javier
A Coruña  1975   
Teléfono: 619 38 00 42 /
Javi Montes
Debuxante
Ten traballado profesionalmente desde 1995 en deseño gráfico, publicidade, caricaturismo e humor de prensa. Maquetou o fanzine "Ovo" e foi humorista gráfico dos diarios "La Opinión" e "DXT Campeón" da Coruña. Ten contribuído a publicacións de BD como "O Fanzine das Xornadas" de Ourense e "BD Banda". Entre 2000 e 2002 foi empregado da empresa Bren Entertaiment en Santiago de Compostela (pertencente ao grupo Filmax) facendo deseño de fondos, personaxes e story-boards para a serie de animación Goomer. Exerce de debuxante e colorista de cómics free-lance para o mercado franco-belga e o americano. Ten traballado para as editoriais Vents D´Ouest, Paquet, Les Humanoïdes Associés, Marvel Comics e DC Comics. En 2011 deu cor a “Talisman” 3 (Debois/Martín para Glénat), “Destins: Le mur” (Giraud/Germaine/Goethals para Glénat), “Turo” 1 e 2 (Guerrero para Le Lombard) e “Le Manoir des Murmures 3: Simon” (Muñoz/Cons para Les Humanoïdes Associés).
Bedegrafia como debuxante:
- "A gruta" (revista "BD Banda").
- "O vicio" con guión de Kike Benlloch (no "Fanzine das Xornadas" de Ourense).
- "3x3", serie con guión de Kike Benlloch (na revista "Buen Provecho").
- "Dor de espalda" (no "Fanzine das Xornadas").
- "H2Oil" con guión de Bonnot ("H2Oil", ed.Colectivo Chapapote, 08/2003)
- "Docteur Love" (Editions Vents D´Ouest, 11/2003) con guión de Jacky Goupil e Sylvia Douyé, e colaborando no deseño a lapis con Gyzmo.
- Álbum Colectivo "Droles D´histoires" nº7 (Editions Vents D´Ouest, 02/2004), 7 páxinas. Guión de Jacky Goupil e Sylvia Douyé.
- "Rocket B", 27 historias autoconclusivas de dúas páxinas cada unha, mais unha portada (Revista Mister K, Ediciones El Jueves, con guións de Miguel Robledo).

Entrevista a Javi Montes en Entrecomics (2007)

Palmarés
1º premio no Certame de Cómic de Arteixo en 1999.

Formación específica
Especialidade de diseño gráfico. Cursados e aprobados os dous anos de especialidade da Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña en 1996.
publicacións
Álbum
Whispers in the walls
Colorista,
Álbum
La Casa de los Susurros
Colorista,
Álbum
Das Schloss der stummen Schreie
Colorista,
Álbum
A mansión dos murmurios. Libro primeiro: Sara
Colorista,
Revista ou comic-book
Whispers in the walls
Colorista,
Revista ou comic-book
Galimatías
Colorista,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Direccion, Debuxante,
Álbum
Marshall - vol. 4: Réminiscences
Colorista,
Álbum
La Manoir des Murmures
Colorista,
Álbum
El Ojo del Diablo
Colorista,
Álbum
H2Oil
Debuxante,
Fanzine
Craneofilia
Ilustrador,
Revista ou comic-book
Ovo
Portadista,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

Xa está na rede o primeiro teaser de “Le Manoir des Murmures”, o álbum de Tirso Cons, Javi Montes, David Muñoz e Félix Ruiz para Humanoïdes Associés
Publicado o 23 / 7 / 2007
Inicio de campaña
Javi Montes comeza a traballar para Marvel encargándose de darlle cor a catro números de Hulk
Publicado o 3 / 5 / 2005
Hulk, verde galego

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org