» banda deseñada »  autores
Carlos Portela
Guionista
Coñecido guionista e subdirector de Viñetas desde o Atlántico, é analista de BD desde 1983 cando ao fundar o fanzine Interlinea incluiu a sección de crítica Nomofan. Tres anos despois lanzou en Radio ECCA o programa sobre cómic Arte Alfa. Na TV foi guionista e presentador do Xabarín Club encarnando o papel do Doutor TNT. Guionizou a aclamada e inconclusa serie Impresiones de la Isla (2 nºs), con deseños de Fernando Iglesias, a cal lles valeu tres nominacións no Salón de Barcelona. Son obras súas Kami Seeds (ed.Camaleón, con Víctor Rivas e F. Iglesias) e Vox Populi (tira con V. Rivas que durou cinco anos). Tamén as tiras semanais Forest Hill e Guinsy -esta chegaría a ser diaria- debuxadas por Norberto Fernández e Víctor Rivas respectivamente, ambas realizadas para o Atlántico Diario, desde o nacemento deste xornal o 14/6/1987. Asinou a segunda etapa de Gorka (ed.Planeta de Agostini), outra volta con F. Iglesias e esta vez tamén con Sergi San Julián. Entre 1995 e 2000 publicou con F. Iglesias a serie O labirinto de pedra no magazine Compostelán. Igualmente con Iglesias, participou na antoloxía internacional Comix2000. Colaborou con publicacións como Krazy Comics, Totem, Frente Comixario e El País. Algunha historia escrita por él para deseños de Santiago Sequeiros viu a luz no álbum La Mala Pena. Traballa para o mercado francobelga coa serie Os Heresiarcas, con debuxos de Das Pastoras, publicada en EEUU baixo o nome Deicide. Deste título unha contribución apócrifa viu a luz na nova etapa da revista Metal Hurlant, que ademais serializou o segundo tomo. Bateu récord de vendas na editorial Glénat recuperando o personaxe de Esther con debuxos da autora Pura Campos. Participa na segunda etapa da revista BD Banda facendo tándem con F. Iglesias, que asina como Kohell.

Entrevista a Carlos Portela en Entrecomics (2007)

Palmarés
Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1991 da Casa da Xuventude de Ourense por O voo da cometa, xunto con Fernando Iglesias, historia baseada nun relato de Ray Bradbury. Premio da Xunta por Nosotros realizada con deseños de Víctor Rivas.
publicacións
Álbum
Gorka. El viento de Odei
Guionista, Planificación de páxina,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Guionista, Crítico,
Álbum
A conta atrás
Guionista,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.2
Guionista,
Álbum
Las Nuevas Aventuras de Esther
Guionista,
Álbum
Los Heresiarcas
Planificación de páxina, Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Guionista,
Álbum
H2Oil
Guionista,
Revista ou comic-book
Elipse
Guionista, Planificación de páxina,
Fanzine
Alopecia mental
Guionista,
Álbum
O cómic en Galicia
Guionista,
Revista ou comic-book
Debuxantes en banda
Guionista,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Guionista,
Revista ou comic-book
Frente Comixario
Guionista,
Fanzine
Interlínea
Direccion,
Revista ou comic-book
Coiote
Guionista,


  Noticias relacionadas

Voz Audiovisual ficha para o seu proxecto a Carlos Portela e Jaume Santacana
Publicado o 18 / 9 / 2007
Tomar a voz
A serie "Esther", guionizada por Carlos Portela, consolídase coma éxito de vendas
Publicado o 11 / 1 / 2007
O éxito de Esther
Chega as librarías "As novas aventuras de Esther", onde Carlos Portela guioniza o clásico personaxe de Purita Campos
Publicado o 13 / 12 / 2006
Esther en Nadal
Carlos Portela guionizará "As novas aventuras de Esther" mentres Víctor Rivas e mais Norberto Fernández participan no especial de "Os reis elfos"
Publicado o 8 / 5 / 2006
Esther e os elfos

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org