» banda deseñada »  autores
Kiko Da Silva
Debuxante
Como promotor da revista "BD Banda" e director da colección de álbumes homónima (na editorial Faktoría K), é unha das figuras principais do panorama da edición galega de BD. Contribuiu a dúas das principais iniciativas de cómic infantil-xuvenil en España nas últimas décadas, as revistas "Golfiño" e "Mister K". Na primeira acadou popularidade coa serie de humor escatolóxico "Fiz nos Biosbardos". Na segunda realizou 76 páxinas da serie "Clases con Guasa" (que publicou en 2006 na revista francófona Spirou) e 62 da serie "De Turisteo", ademais de 3 portadas e 31 páxinas de actualidade e pasatempos. Comezara no mundo do cómic participando en fanzines como "Nicasso" e "Nova linea" e colaborou co único número de "Elipse". Tamén contribuiu á colectánea sobre o Prestige, "H2Oil", como debuxante e como un dos coordenadores do Colectivo Chapapote. Colabora na revista "El Jueves" na que ademais de chistes, realiza "La Guinda Final", con parodias de cómics coñecidos. Desenvolve a súa faceta de humorista gráfico na edición pontevedresa de "La Voz de Galicia".

Palmarés
Con só dezasete anos recibiu o Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1996, da Casa da Xuventude de Ourense, por "Crestomatía de amor". Gañou en 2002 un accésit no certame do INJUVE, modalidade de ilustración. Segundo premio JB de humor gráfico. Prémio de humor do Muséu da Imprensa do Porto (Portugal). 4º premio no XIV Concurso Galego de BD (1998) coa historia "Café de soidades".

Formación específica
Licenciado en Belas Artes pola especialidade de pintura.
publicacións
Revista ou comic-book
Fiz
Direccion, Debuxante, Guionista,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Catálogos e manuais
O Farelo. Catálogo de Autores
Debuxante,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.2
Editor, Direccion,
Revista ou comic-book
Retranca
Guionista, Direccion, Debuxante, Portadista,
Catálogos e manuais
Salón do Cómic de Cangas: Dez Anos de Viñetas
Ilustrador,
Catálogos e manuais
La historieta gallega
Investigación, Debuxante,
Álbum
Fiz nos Biosbardos
Guionista, Debuxante,
Álbum
H2Oil
Guionista, Debuxante,
Álbum
Pol e Cía
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Leña Verde
Humorista gráfico,
Álbum
Maiópolis
Debuxante, Guionista, Colorista,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Direccion, Editor, Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Elipse
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
La Carallada
Debuxante,
Fanzine
Generación Z /Cromlech
Debuxante,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Guionista, Debuxante,


  Noticias relacionadas

Pablo Simal e Iria Aldegunde fanse cos Premios Fin de Curso do Garaxe Hermético
Publicado o 4 / 8 / 2022
Verán as súas obras publicadas por Retranca Editora
Ilustrando Rías Baixas vencella arte e turismo na provincia de Pontevedra
Publicado o 22 / 6 / 2022
O proxecto inclúe unha exposición, obradoiros e unha mesa redonda
Peter Bagge protagoniza unha mostra monográfica en Pontevedra
Publicado o 18 / 5 / 2022
O recoñecido autor estadounidense de BD visita Galicia nesta segunda quincena de maio
Fon gaña o III Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético
Publicado o 5 / 1 / 2022
Xerais publicará o seu álbum Cósmico, o bombeiro galáctico na primavera
Unha BD colectiva aborda a memoria histórica en San Simón
Publicado o 13 / 10 / 2021
Aira Editorial publica o segundo volume das aventuras de Mariña
Un seminario aborda a narrativa gráfica como ferramenta educativa
Publicado o 24 / 6 / 2021
Miguelanxo Prado ou Paco Roca participan no encontro que se desenvolve o 3 de xullo en Pontevedra
Vilagarcía convértese no epicentro literario
Publicado o 18 / 6 / 2021
O ambicioso programa 'Vilagarcía, cidade de libro' reunirá no municipio a autorescunha oferta de actividades durante unha semana

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org