» banda deseñada »  autores
albertovazquez2.jpgVázquez Rico, Alberto Jesús
A Coruña  1980   
Teléfono: 606 281 889 /
Enderezo electrónico: albertovrico@hotmail.com



Alberto Vázquez
Debuxante
Iniciouse na BD en 2001 e foi daquela cofundador do selo Polaqia. Colaborou no fanzine "Sintoteca" e contribuiu cunha historia guionizada por Kike Benlloch ao álbum colectivo "Mmmh!!" (Polaqia, 2001). Asinou en solitario o cómic "Alter ego" (Polaqia, 2002) e o aclamado álbum "Psiconautas" (Astiberri, 2006). Con Benlloch voltou a formar tándem en "Freda" (ed.De Ponent, 2003), premiado álbum ambientado na emigración galega. É un dos autores galegos máis galardoados da actualidade. Ten dirixido o "Fanzine Enfermo" e colaborado en numerosas publicacións como Nosotros Somos Los Muertos, Stripburger, Pictoplasma, Rolling Stone, TOS, Dos veces breve, Fanzine enfermo, Garabatagge, Sintoteca, Squiffo, Gas butano, Warriors, Plug-in, Trauma.

Entrevista a Alberto Vázquez en Entrecomics (2007)
Blogspot

Palmarés
Gañador de numerosos premios e certames de BD: Jóvenes Creadores de Madrid - cómic (1º premio en 2001), INJUVE (3º premio en 2001), Concello de Pontevedra (1º premio en 2001), terceiro premio no II Certame Galego de Imaxe artística categoría de 19 a 22 anos (Xunta de Galicia). VI Concurso de cómic de Alacante - mellor representación plástica en 2002. Premios da Xunta (Xuventude/Ourense): 3º premio en 2001, 2º premio en 2003 (cat.B, con "O seu gozo nun pozo"). No III Certame Galego de Imaxe Artística Xuventude 2002 - modalidade BD (Xunta de Galicia), gañou o 2º premio na categoría de 19 a 22 anos, pola historia "A revisión". Segundo Premio Culturagalega/Banda Deseñada (2002). 1º premio asociación gay/lesbiana Lambda (2003). Gañou o segundo premio do certame Na Vangarda nos anos 2004 e 2005 (Xunta de Galicia). Primeiro premio certame Valenciacrea còmic tres anos consecutivos, 2002 a 2004. Premio de deseño gráfico Ciudad de las Artes y Las ciencias de Valencia nos anos 2002, 2003 e 2005. Terceiro premio GZCREA 2006 - modalidade banda deseñada (Xunta de Galicia). Polo álbum "Freda" foi nominado como mellor autor novel aos premios do Salón de Cómic de Barcelona. En 2004 gañou o 1º premio do concurso de Portugalete, certame no que xa gañara o segundo premio. "Freda" foi seleccionada pola Internationale Jugend Bibliothek (Alemaña) para o catálogo White Ravens 2004. Este catálogo escolle anualmente os 250 mellores libros do mundo de entre os miles que recebe dunha cincuentena de paises. Recibiu as bolsas do INJUVE (2002) e de perfeccionamiento artístico do Concello da Coruña (2004 e 2005) e de compra do concello de Loja, Granada (2002). En ilustración levou un accésit INJUVE (2002) e o premio Pura e Dora Vázquez, a partir do texto "A historia máis incrible que nunca liches" de Breogán Riveiro (2007). O seu álbum "Psiconautas" recibiu candidaturas a importantes premios: Mellor autor revelación (Salón de Madrid, 2006 e Salón de Barcelona, 2007), e nominación ao mellor debuxo no Salón de Barcelona, 2007. Ademais foi seleccionado como un dos dez mellores cómics españois (2006) pola revista Mondosonoro e levou o premio Diario de Avisos, na súa XXX edición, ao mellor guión realista (2007). Por "El evangelio de Judas" recibiu o premio do público ao mellor debuxo de 2007 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona (2008).

Formación específica
Estudou arte en catro centros: A escola de artes e oficios Pablo Picasso da Coruña (ciclo superior de escultura), as facultades de Belas Artes de Pontevedra e de Valencia (onde se licenciou), e a escola Massana, de Barcelona (ciclo superior de ilustración).
publicacións
Álbum
L´Évangile selon Judas
Debuxante, Guionista,
Álbum
Enfermo
Direccion, Guionista, Debuxante,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante, Ilustrador,
Álbum
Alter ego
Debuxante, Guionista,
Fanzine
Condorito Muerto
Editor, Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Álbum
El evangelio de Judas
Debuxante, Guionista,
Álbum
Alexandre Bóveda unha vida por Galiza
Ilustrador,
Álbum
GzCrea
Debuxante,
Catálogos e manuais
El cómic de la democracia española 1975-2005/06
Debuxante,
Álbum
Psiconautas
Debuxante, Guionista,
Álbum
Na Vangarda
Debuxante,
Álbum
Freda
Debuxante,
Álbum
H2Oil
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Alter ego
Guionista, Debuxante, Editor,
Fanzine
The Warriors
Debuxante,
Álbum
Mmmh!!
Debuxante, Editor,
Fanzine
Sintoteca
Debuxante,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Debuxante, Guionista, Portadista,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,


  Noticias relacionadas

Astiberri lanza este mes “El evangelio de Judas”, de Alberto Vázquez
Publicado o 7 / 11 / 2007
A hora de Xudas
Astiberri anuncia para marzo a publicación de "Psiconautas" o novo álbum de Alberto Vázquez
Publicado o 14 / 2 / 2006
Vázquez para os vascos
Miguel Robledo e Alberto Vázquez compoñen a representación galega no “Stripburger” especial España
Publicado o 23 / 3 / 2005
Galegos no burguer

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org