» banda deseñada »  autores
Brais Rodríguez
Debuxante
Cofundador do fanzine "Carne líquida", é un dos autores fixos da revista "Barsowia" desde o seu primeiro número e o autor individual con maior volume de obra presente no tomo colectivo "Barsowia en llamas", no que contou cun capítulo de temática robótica practicamente exclusivo da súa autoría. Tamén foi un dos nomes ineludibles do "Fanzine Enfermo", e contribuiu á revista "Dos veces breve" (especial underground), ao álbum colectivo "H2Oil", así como ao web www.chapapote.org do Colectivo Chapapote. Historietas súas viron a luz nos compilatorios do principal concurso galego de BD nos anos 1999 e 2003. Ademais, ten sido merecedor de recoñecementos como pintor, participando en diversos certames.

Palmarés
4º premio na categoría de 18 a 22 anos do I Certame de Imaxe Artística Xuventude 2000 modalidade BD. Primeiro premio (cat.A) no VII certame de Cangas 2005 coa historia "Robot Orgánico". De novo, primeiro premio (Cat.A) no VIII certame de cómic de Cangas 2006 coa historia "Día de bosque". No certame do INJUVE categoría cómic levou accésits en 2006 e 2008. Primeiro premio na categoría A do Certame de Cangas 2007 con "Sigmund Freud en: El niño que no tenía manos". En 2007 levou o primeiro premio no certame Valencia Crea polo cómic “El proceso”. Na categoría cultura recibiu o segundo premio do II Concurso Creacómic (2009), grazas á obra “Cultura degeneradora”. Ademais, recibiu varios premios en certames de artes plásticas. En 2009 gañou o concurso Gz Crea coa peza “Os mortos”. Tamén en 2009 gañou o I Certame Galego de Cómic sobre Teatro, no que se convocaban adaptacións a BD da obra Doentes, de Roberto Vidal Bolaño. En 2010 e co álbum “A man do diaño” gañou o VI premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña.

Formación específica
Realizou o Bacharelato Artístico. Licenciado pola especialidade de Pintura na facultade de Belas Artes de Pontevedra.
publicacións
Fanzine
La gente del perro
Debuxante, Guionista,
Álbum
A man do diaño | La mano del diablo
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Doentes
Debuxante, Guionista,
Álbum
Enfermo
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
ETT
Debuxante, Guionista,
Fanzine
Condorito Muerto
Editor, Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Fanzine
El acompañante de Pinche Mundo
Debuxante,
Álbum
GzCrea
Debuxante,
Álbum
Barsowia en llamas
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
O tebeo do Salón de Cangas
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Guionista, Debuxante, Portadista, Editor,
Álbum
H2Oil
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Leña Verde
Debuxante,
Fanzine
Carne líquida
Editor, Debuxante,
Fanzine
Dynamo
Debuxante,
Fanzine
The Warriors
Debuxante,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Debuxante, Guionista, Portadista,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,


  Noticias relacionadas

A axenda achega dúas mostras de Brais Rodríguez en Barcelona e en Compostela e outra dos premios Castelao en Fene
Publicado o 17 / 1 / 2008
Dous Brais e un Castelao
Brais Rodríguez gaña o 9º certame de cómic de Cangas
Publicado o 9 / 7 / 2007
Premios que nunca fallan
Catro autores galegos son galardonados no certame de banda deseñada do Injuve
Publicado o 2 / 8 / 2006
Polaqia conquista o Injuve

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org