» banda deseñada »  autores
jacobosfernandez3.jpgFernández Serrano, Jacobo
Vigo (Pontevedra)  1971   
Jacobo Fernández
Debuxante
Ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. É o creador da serie dos Arquivos do Archimboldo Roque para a revista Golfiño, que despois foi publicada nun só álbum. Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica Dos Veces Breve, así como da segunda época da revista BD Banda, na que desenvolve a serie titulada Animais pantasma. Ao mesmo tempo, continúa facendo BD para nenos.

Palmarés
Vencedor do III Premio Castelao da Deputación da Coruña coa obra As Aventuras de Cacauequi (2007). Candidato aos premios do Saló de Barcelona de 2009 como autor revelación grazas a dúas obras de 2008, os álbumes de Archimboldo Roque e de Cacauequi.

Formación específica
Licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 1994.
publicacións
Álbum
Marcopola. A illa remeira
Debuxante, Guionista,
Álbum
Breve encuentro
Guionista, Guionista,
Álbum
Lois Pereiro. Breve encontro
Debuxante, Guionista,
Álbum
Marcopola, la isla remera | Marcopola, l´illa remadora | Marcopola, l´ile rameuse
Debuxante, Guionista,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Ilustrador, Debuxante,
Álbum
Os amigos de Archimboldo Roque
Debuxante, Guionista,
Álbum
Aventuras de cacauequi
Guionista, Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.2
Debuxante, Guionista, Portadista,
Revista ou comic-book
Retranca
Humorista gráfico,
Catálogos e manuais
La historieta gallega
Debuxante,
Álbum
H2Oil
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista, Debuxante,


  Noticias relacionadas

Os dous últimos premios Castelao preséntase venres en Viñetas desde o Atlántico
Publicado o 14 / 8 / 2007
Castelao 2

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org