» banda deseñada »  autores
nuriadiaz.jpgDíaz Berride, Nuria
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)  1982   
Nuria Díaz
Debuxante
Debuxante arousá que participou con ilustracións e cómic en diversos concursos autonómicos, así como nos webs www.jpgproject.com e www.chapapote.org e no fanzine Despregable. Contribuiu ás seguintes exposicións: 2005: Exposición do colectivo “Preguntameloami” na Sala de exposicións da escola de Restauración, Pontevedra. 2005: Mostra de Arte Digital “Delirium” no Café Tetuán de Cambados. 2006: Mostra de pintura “Tipos” no café La Marina de Villagarcía de Arousa. Na actualidade non se adica ao cómic.

Palmarés
1999: 2º premio concurso de cómic de Arteixo, categoría xuvenil. 2001: 1º premio concurso de cómic de Arteixo, categoría xuvenil. 2002: 3º premio XVI certame Artes Plásticas, modalidade de debuxo, categoría adultos. 2003: 2º premio concurso de cómic de Arteixo, categoría xuvenil. 2003: 3º premio XVII certame Artes Plásticas, modalidade de debuxo, categoría adultos. 2004: 2º premio concurso de cómic de Arteixo (IX edición), categoría xuvenil, pola historia “Circunstancias”. 2004: Premio cómic, ao mellor guión no concurso on-line (www.Xperman.com). 2004: 3º premio no Concurso de Cómic de Cangas.

Formación específica
1995-1997: clases de pintura na Asociación cultural Niños pintores de Arousa. 1997-1999: clases de debuxo e pintura no taller de Carlos Abeijon. 1999: curso de cómic impartido pola concellaría de Xuventude de Vilagarcía de Arousa (30 h.). 2003: seminario de linguaxe cinematográfica (cursos de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo), impartido na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. 2004: curso de dirección artística (Extensión Universitaria), impartido na facultade de Belas Artes de Pontevedra. 2004: taller de Ilustración impartido por Miguelanxo Prado no I.E.S. Torrente Ballester de Pontevedra. 2005: seminario de 8 horas de 3D Max, impartido na escola PC Carrier de Santiago.
publicacións
Revista ou comic-book
Certame de cómic de Arteixo
Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

Catro nomes reparten as axudas para asistir a feiras do sector do libro
Publicado o 2 / 10 / 2019
Nuria Díaz Berride, Yolanda Castaño, Anxo Fariña e Jano son as persoas beneficiadas
Máis de 60 obras son finalistas dos Premios Gala do Libro Galego
Publicado o 14 / 3 / 2019
Escritores, editoriais e librarías organizan estes galardóns á excelencia editorial
O CCG presenta unha publicación con 30 vidas de científicos
Publicado o 19 / 2 / 2019
A publicación pódese descargar de balde no web do CCG
México será o país convidado no Salón do libro de Pontevedra
Publicado o 8 / 3 / 2018
O evento integra o I Congreso de Mediación Lectora
O catálogo de Libros infantís e xuvenís de Galicia 2017 reúne máis de 100 títulos
Publicado o 3 / 4 / 2017
A publicación representa a partir de hoxes as nosas letras na Feira de Boloña
Un novo libro achega a figura de Manuel María ás crianzas
Publicado o 21 / 4 / 2016
Xerais publica Manuel María. Vida, versos e rebeldía de Manuel Veiga e Xosé Lastra
Os debuxos xa non son só para nenos
Publicado o 7 / 1 / 2015
O proxecto Ilustradots amosa a forza e a variedade dos ilustradores galegos

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org