» banda deseñada » entidades
imaxe non dispoñible
Rúa da Peregrina, 29
Pontevedra36001
España


Teléfono: 986 86 04 71

Web:
Correo electrónico: libreriapaz@verial.es
Paz
Libraría especializada
Libraría merecedora en 2006 do Premio Ourense de Banda Deseñada, con que cada ano a Casa da Xuventude e mais a Concellaría de Cultura de Ourense distinguen unha iniciativa dentro do cómic galego. A Libraría Paz, á fronte da cal se encontra Cano Paz, ten sido unha das pioneiras no país en prestar atención especializada á BD. A tenda distinguiuse por ser unha das grandes difusoras do medio, percorrendo Galicia a través de feiras e eventos de todo tipo. En 1990, Cano Paz decidiu de xeito pioneiro dedicar á banda deseñada boa parte da libraría fundada polos seus pais (Isidro Paz e Dolores García) en 1967. Ademais de ter levado a BD a moitos lugares, Cano e a Libraría Paz están detrás do proxecto BD Banda desde os seus inicios.


  Noticias relacionadas

Shakespeare, Xohana Torres e o fútbol protagonizan as vindeiras producións do CDG
Publicado o 20 / 5 / 2022
O DOG publica a convocatoria para seleccionar 18 intérpretes de cara a estas montaxes
O Pazo de Tor abre ao público as estancias da servidume
Publicado o 19 / 5 / 2022
Son sete estancias que explican a vida cotiá con "perspectiva de xénero e social"
Cando a Ribeira Sacra era Fraga Sacra
Publicado o 19 / 5 / 2022
As escavacións en Pombeiro revelan unha ermida abandonada en plena Idade Media
Peter Bagge protagoniza unha mostra monográfica en Pontevedra
Publicado o 18 / 5 / 2022
O recoñecido autor estadounidense de BD visita Galicia nesta segunda quincena de maio
Morre o escritor vigués Domingo Villar
Publicado o 18 / 5 / 2022
Faleceu esta mañá no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
As actividades polo Día dos Museos prolónganse ata a fin de semana
Publicado o 18 / 5 / 2022
Estes centros celebran a súa data este 18 de maio con xornadas de portas abertas e múltiples propostas
Valdeorras engalánase para celebrar a Florencio Delgado Gurriarán
Publicado o 16 / 5 / 2022
O Pleno da Real Academia e o Concerto das Letras do Consello da Cultura integran a programación institucional

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org