» banda deseñada »  publicación
La Patrulla Caspa
2004 | Fanzine

 

Fanzine cuxo nº1 saiu en abril de 2004 contendo as historietas "Cumpleaños mortal" (Rubén García Ramallo) e "Fantasmas del pasado" (I, II e III, do mesmo autor), trátase de material de humor con influencias de Peter Bagge. Tamén incluía "El origen del Pigmeo", de Xavier Telesforo Abal. Na penúltima páxina editábase "Robert Crumb lo cuenta todo", historieta de Anxo Cuba xa previamente publicada. No nº1 deste fanzine colaboraron con artigos Iván López Gimeno, X. Abal, R. García. O nº2 saiu en febreiro de 2007 cos cómics "La Patrulla Caspa contra la tuna" e "Experiencia Mística" de R. García, "Nora" de Xurxo Constenla e "La broma" de X. Telesforo. Tamén levaba textos deste último e de Iván López. O terceiro número saiu en setembro de 2011 cunha tiraxe de 300 exemplares.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2004
Textos en castelán
Continúa a publicarse
Periodicidade trimestral
Depósito legal: carece
ISBN: carece
ISSN: carece
Categoría: Fanzine
Formato: grampada, 29,7 x 21 cm, 36 páxinas, interior en branco e negro, capas en branco e negro
PVP: 1,5 euros
Tiraxe: 300 exemplares
Distribución:
Entidade: ,

autores

davida.jpg
Davida
Debuxante




  Noticias relacionadas

Recompilamos a produción galega de BD de 2007
Publicado o 12 / 2 / 2008
A colleita de 2007

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org