» banda deseñada »  publicación
Historieta Galega 1973-2008
2008 | Catálogos e manuais

 

Catálogo da exposición retrospectiva homónima, unha das máis ambiciosas mostras de cómic galego xamais realizadas, con catrocentos orixinais. Exposta no Auditorio de Galicia do 6 de marzo de 2008 ao 8 de xuño de 2008, foi comisariada por Fausto Isorna e Gemma Sesar. O catálogo contén pranchas de cómic de Isaac Díaz Pardo, Pepe Barro, Ricardo Lázaro, Catamarca, Manuel Fragoso, Loquis, Ouro, Losada, Xabier Correa Corredoira, Pedro Sardiña, Álvaro de la Vega, Euxío, Geno, Tijarafe, Dolores Torres, Bernar, Gonzalo Viana, Manuel Figueiras, Armando Salas, Nacho Hortas, Xurxo, Ramón Marcos, e ilustracións de Pepe Barro e Miguel Vigo, ademais de obra gráfica de todos os autores ligados nesta mesma ficha. Os textos do catálogo, ademais da introdución dos comisarios, son de Pepe Barro (sobre Reimundo Patiño), Daniel Buján e Rosario Crespo (BD galega no s.XIX), Pedro Porcel (revistas de BD infantil), Carlos Portela (o estado da BD en Galicia) e Marisa Sobrino (cómic e posmodernismo). Leva prefacio de Ánxela Bugallo, conselleira de cultura, e Néstor Rego, concelleiro de cultura de Compostela, ademais dun epílogo a xeito de catálogo de publicacións galegas que provocou certa polémica. O catálogo está publicado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Deporte) e o Concello de Santiago (Concellaría de Cultura). A organización correspondeu a Auditorio de Galicia baixo mecenado de tres compañías privadas. Patrocinado pola Xunta de Galicia (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) e Feima (Fundación de Arte Galego, Madrid). Houbo en 2007 unha exposición itinerante (Madrid, Barcelona, Lisboa, Porto) chamada ``La historieta gallega´´, dos mesmos comisarios, tamén responsables do documental ``35 anos de historieta galega´´ (2009).

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2008
Textos en Galego
Edición rematada
Periodicidade Única
Depósito legal: C 560-2008
ISBN: 978-84-88484-58-1
ISSN: Carece
Categoría: Catálogos e manuais
Formato: rústica con solapas, 25 x 20 cm, 152 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución:
Entidade: Concellaría de Cultura (Concello de Santiago), Consellería de Cultura e Deporte (Xunta de Galicia), Xunta de Galicia, Auditorio de Galicia, FEIMA, Vicepresidencia da igualdade e do benestar (Xunta de Galicia),

autores

victoraparicio2.jpg
Aparicio, Víctor
Debuxante


neveira.jpg
Barea, Leandro
Debuxante


bernal.jpg
Bernal
Debuxante


franbueno2.jpg
Bueno, Fran
Debuxante
Ilustrador


alexcal.jpg
Cal, Álex
Debuxante


chichicampos.jpg
Campos, Xesús 'Chichi'
Debuxante


luiscaparros.jpg
Caparrós, Luís
Crítica


a_carreiro.jpg
Carreiro, Pepe
Debuxante


miguelcarvalho.jpg
Carvalho, Miguel
Debuxante


neveira.jpg
Chaler
Debuxante


retrato_tirsocons.jpg
Cons, Tirso
Debuxante


retrato_manelcraneo.jpg
Cráneo, Manel
Debuxante


neveira.jpg
Cubero, Antón
Debuxante


kikodasilva.jpg
Da Silva, Kiko
Debuxante


daspastoras.jpg
Das Pastoras
Debuxante


xosediaz.jpg
Díaz, Xosé
Debuxante


jacobosfernandez3.jpg
Fernández, Jacobo
Ilustrador
Debuxante


nfernandez.jpg
Fernández, Norberto
Debuxante


neveira.jpg
Fortes
Ilustrador


neveira.jpg
G. Varela, Fernando
Debuxante


dudi_ficha.jpg
Galán 'Dudi', Eduardo
Debuxante


iglesias.jpg
Iglesias, Fernando
Debuxante


imaxe_autor.jpg
Isorna, Fausto
Direccion
Ilustrador
Crítico


jaraba.jpg
Jaraba, Fran
Debuxante


neveira.jpg
López, Carlos
Guionista


primitivo.jpg
Marcos, Primitivo
Debuxante


xaquinmarin.jpg
Marín, Xaquín
Portadista
Debuxante


meixide.jpg
Meixide, Andrés
Debuxante


javimontes.jpg
Montes, Javi
Debuxante


neveira.jpg
Moxom
Debuxante


neveira.jpg
Paradelo, Xico
Debuxante


patinho.jpg
Patiño, Reimundo
Debuxante


pinto.jpg
Pintor, David
Debuxante


carlosportela.jpg
Portela, Carlos
Guionista
Crítico


miguelanxoprado.jpg
Prado, Miguelanxo
Debuxante


emmarios2.jpg
Ríos, Emma
Debuxante


rivas.jpg
Rivas, Víctor
Debuxante


robledo.jpg
Robledo, Miguel
Debuxante


roqueromero.jpg
Romero, Roque
Debuxante


rubin2.jpg
Rubín, David
Debuxante


silvar.jpg
Silvar, Calros
Debuxante


neveira.jpg
Tito
Debuxante


varelaferreiro.jpg
Varela Ferreiro, Alberto
Debuxante


albertovazquez2.jpg
Vázquez, Alberto
Debuxante
Ilustrador




Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org