» banda deseñada »  publicación
Spider-man
1963 | Revista ou comic-book

 

Varias series de BD protagonizadas polo Home Araña e publicadas nos EEUU por Marvel Comics tiveron contribucións galegas. Amazing Spider-Man Family nº1, de 2008, levou debuxo de Álex Cal. Web of Spider-Man, iniciada en 2009, tivo no seu sexto número, de 2010, unha historia de 8 páxinas debuxada por Xurxo Penalta que en Francia saiu como Spider-man nº136 (Panini, 2011). Pola súa parte The Amazing Spider-man saiu á rúa por primeira vez en 1963. En 2010 contiveron pranchas debuxadas por Emma Ríos os números 631 (8 pp), 632 (7 pp), 633 (7 pp), os tres incluídos despois no volume rústica The Gauntlet vol.5: Lizard. O mesmo ano a autora coruñesa debuxou no número 636 (8 pp) e en 2011 participou no número 662 (2 pp) e o número 663 (2 pp), reimpresos no tomo cartoné Return of Anti-Venom. Todo este material dos tres debuxantes foi publicado en castelán na colección mensual de Panini Asombroso Spiderman. Xunto con outros debuxantes Ríos tamén participou en The Amazing Spider-Man: Infested. Spider Island nº1 (Marvel, 2011), para o cal deseñou os capítulos terceiro e cuarto.

FICHA TÉCNICA

EEUU, 1963
Textos en inglés
Continúa a publicarse
Periodicidade mensual
Depósito legal:
ISBN:
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampada,  cm,  páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: mundial
Entidade: ,

autores

alexcal.jpg
Cal, Álex
Debuxante


xurxopenalta.jpg
Penalta, Xurxo
Debuxante


emmarios2.jpg
Ríos, Emma
Debuxante




  Noticias relacionadas

BD galega no exterior: Entre o mainstream e o independente
Publicado o 25 / 10 / 2017
Facer carreira como autores completos é difícil para os creadores que traballan nas grandes industrias do cómic
Autores de BD de xira internacional
Publicado o 16 / 11 / 2012
Rubín e Cons presentan os seus traballos en Francia e Bélxica e Emma Ríos expón en Londres
Compostela acolle as primeiras Nerd Nites do Estado
Publicado o 12 / 9 / 2012
As sesións comprenden tres charlas divulgativas sobre diferentes temas
O Fórum Metropolitano presenta a súa programación de BD para agosto
Publicado o 17 / 7 / 2012
AC/BD no Fórum inclúe unha exposición, concerto e as xornadas de manga
Emma Ríos volta co Doctor Strange
Publicado o 12 / 1 / 2012
A galega presenta un volume con Spider-Man e Daredevil para Marvel
Panini publica en xaneiro un volume de Spiderman con obras de dous autores galegos
Publicado o 25 / 11 / 2010
Emma Ríos e Xurxo Penalta ilustran cadansúa historia neste volume colectivo
David Rubín participa na mellor antoloxía de BD do ano 2010
Publicado o 26 / 7 / 2010
Emma Ríos anuncia a publicación dunha nova miniserie en Estados Unidos

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org