Colaboradores
  Búmerang
Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Léns
2/30 Carlos Maciá
O traballo de Carlos Maciá (Lugo, 1977) reafírmase na xeración de autores que apostan pola pintura desde unha visión crítica e experimental. Recordamos a súa mostra individual na galería Clérigos de Lugo o ano pasado e sobresae na actualidade polo primeiro premio no certame de novos autores "Na vangarda" e pola participación no recoñecido proxecto "Generación 2005" de Caja Madrid, que podemos ver estes días en La Casa Encendida de Madrid, cidade onde vive e traballa. Seguiremos a súa traxectoria, presente nas vindeiras semanas na mostra colectiva "Emerxentes" na Casa da Parra e en xuño na galería C5 Colección de Santiago.
carlos_macia.jpg
preme na imaxe para ampliala

Búmeran é participación. un diálogo coas novas voces das artes plásticas e visuais contemporáneas; un proceso aberto con 30 autores de plena actuación creativa.


anteriores búmerang
30/30 Diego Santomé
29/30 Chiu Longina
28/30 Almudena Fernández
27/30 Vicente Blanco
26/30 Álvaro Negro
25/30 Pablo Orza
24/30 Victoria Diehl
23/30 Berio Molina
22/30 Salvador Cidrás
21/30 Isaac Cordal
20/30 Irene González
19/30 Patricia Dopico
18/30 Pablo Pérez Sanmartín
17/30 Iván Prieto
16/30 Amaya González
15/30 Rubén Santiago
14/30 Arturo Fuentes
13/30 Jorge Perianes
12/30 Maribel Castro
11/30 Fran Herbello
10/30 Santi Jiménez
9/30 Jano
8/30 Rubén Ramos Balsa
7/30 Félix Fernández
6/30 Suso Fandiño
5/30 Antón Cabaleiro
4/30 Mónica Alonso
3/30 Antía Moure
2/30 Carlos Maciá
1/30 Carme Nogueira

Búmerang1. O teu traballo presenta unha acertada progresión de cambio desde a pintura, desde o proceso pictórico. ¿Cal consideras que é o lugar da pintura na actualidade?

Comezarei por dicir que como pintor teño unha certa sensación de resistencia fronte ós novos escenarios que parecen afastar o noso traballo do punto de mira. Dende logo esta última edición de ARCO foi moi revitalizante.

A pintura é unha forma de velas cousas que nos rodean. É unha aptitude. Unha formulación vital. Supoño que debe de ser unha forma de pensar. E polo tanto nunca será arrecunchada definitivamente. Dito isto creo na plena vixencia da mesma para afrontar, adaptarse ou formular cuestións actuais. Disto non teño ningunha dúbida. Agora ben, creo que non debe de ser tanto cuestión de medios, senón de ideas, de proxectos ben desenvolvidos.

Búmerang2. Existe na túa traxectoria unha aposta pola pintura concentrada, pola pintura de valores en expansión cromática nunha certa hibridación de técnicas pictóricas.

Non me gusta teorizar demasiado sobre a miña obra. Cando máis falo, menos sentido ten todo. Supoño que eu deféndome mellor por medio das imaxes, e que en certa forma sempre podemos poñer palabras enriba das cousas. Creo que as pezas se xustifican en si mesmas. Cando isto non sucede, teño un problema.

Sobre as traxectorias, son máis partidario dos camiños curvilíneos e con saltos, que dos nítidos e rectilíneos onde todo cadra. Estes fanme desconfiar. A hibridación é un tema que me interesa sobremaneira. Interésanme os límites dos medios. Ese espazo pouco claro e difuso, contraditorio e ambiguo. Os lugares de sombra.

Creo que estou nun punto de levar o meu traballo contra eses límites.

Búmerang3. ¿Con que autores/artistas acadarías referencia no teu traballo?

As referencias cambian segundo os traballos. Gústanme moito; Imi Knoebel, Gerhard Richter, Tobias Rehberger, Sigmar Polke, Albert Oehlen, Helmut Dorner, Juan Uslé, Julian Schnabel, Abrahan Lacalle, Alberto Datas, Yturralde, Markus Weggenmann, Ed Ruscha... Non sei, centos. Supoño que todos eles teñen nexos entre si.

Sobre o meu último traballo "Air Click" podería mencionar a: Katherina Grosse, Herbert Brandl, Annelise Coste, Imanol Marrodán, Sergio Barrera ou a José Medina Galeote. Ben polo acabado do traballo ou ben pola concepción do mesmo. Pero creo que delimitar as referencias aquí sería un error. Fascíname, por exemplo, o cine onde encontro unha gran fonte de referencias.

Búmerang4. ¿Crees nunha etiqueta de nova xeración? ¿Como observas esta realidade de sorte de colectivo en Galicia? Incluso máis acentuado desde a túa ollada exterior.

Unha etiqueta é unha simple forma de nomear unha clasificación. Estas póñense, quítanse ou modifícanse segundo as necesidades. Supoño que teñen o seu valor nunha mellor promoción e repercusión. Pero tamén terán os seus problemas, por inxustas ou simplificadoras.

Pódese considerar que xurdiu un grupo galego de novos artistas promocionados grazas a unha política proteccionista dende as institucións. Cousa que non ocorre noutras comunidades.

Factores decisivos son a apertura da Facultade de Belas Artes, os dez anos do CGAC, do MARCO, da consolidación das galerías de arte galegas, das bolsas, etc. En fin, parece un bo caldo de cultivo para promocionar sucesivas xeracións.
Máis lonxe non chego.

Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

Teño programada para xuño unha exposición individual na Galería C5 Colección, en Santiago. É un reto interesante pola complexidade do espazo. De momento non sei por onde lle meterei man.

A actualidade é a presentación na Casa da Parra, para o próximo mes,
dunha rama da serie "Air Click". Un cambio importante respecto dos traballos anteriores, "Spray" e "Sólo los tontos se enamoran".

O novo traballo simula un proceso industrial. Pintura que ten certa herdanza caligráfica. Tachóns, garabatos, elementos que non chegan a unha categoría do debuxo máis ortodoxo.

Cousas sinxelas coas que nunca faríamos unha peza de dous metros ¿ou si?

Ligazóns:
Catharina Grosse
Alberto Datas
Galería C5 Colección
Gerhard Richter
Albert Oehlen


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org