Colaboradores
  Búmerang
Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Léns
3/30 Antía Moure
Os traballos de Antía Moure (Monforte de Lemos, 1981) reafírmana como unha das máis prometedoras autoras do presente creativo galego. A recente mostra na galería Sargadelos de Monforte, insistindo nunha ollada transversal e directa, prosegue na liña das obras seleccionadas no II Premio Auditorio de Galicia, no I Certame de Videocreación Dixital Caixa Galicia e na última edición do Novos Valores, da Deputación de Pontevedra, onde resultou galardoada coa bolsa de fotografía.
antia_moure.jpg
preme na imaxe para ampliala

Búmeran é participación. un diálogo coas novas voces das artes plásticas e visuais contemporáneas; un proceso aberto con 30 autores de plena actuación creativa.


anteriores búmerang
30/30 Diego Santomé
29/30 Chiu Longina
28/30 Almudena Fernández
27/30 Vicente Blanco
26/30 Álvaro Negro
25/30 Pablo Orza
24/30 Victoria Diehl
23/30 Berio Molina
22/30 Salvador Cidrás
21/30 Isaac Cordal
20/30 Irene González
19/30 Patricia Dopico
18/30 Pablo Pérez Sanmartín
17/30 Iván Prieto
16/30 Amaya González
15/30 Rubén Santiago
14/30 Arturo Fuentes
13/30 Jorge Perianes
12/30 Maribel Castro
11/30 Fran Herbello
10/30 Santi Jiménez
9/30 Jano
8/30 Rubén Ramos Balsa
7/30 Félix Fernández
6/30 Suso Fandiño
5/30 Antón Cabaleiro
4/30 Mónica Alonso
3/30 Antía Moure
2/30 Carlos Maciá
1/30 Carme Nogueira

Búmerang1. Os teus traballos presentan unha particular ollada ó ámbito do texto dentro da representación. ¿Quizais nun intento de alterar ó observador?

Non, en realidade é un desafogo emocional, a través dunha reconstrución frenética dos feitos reinventados ó xeito das miñas necesidades. Non é máis que un intento desesperado de confidencia, como se o feito de compartir os meus segredos os fixese menos meus. Só propoño ó observador un diálogo tan próximo como o monólogo.

Búmerang2. ¿Mensaxes relacionados coa memoria, coa identidade, pero sempre no presente, nun lugar?

Un encontro, unha conversación ou un movemento vivido inscríbense nun espazo determinado e un tempo concreto. As paredes e os obxectos que presenciaron a nosa historia, non quedaron ó meu lado, pertencen ó territorio da miña memoria. De aí a miña busca desenfreada por atopar as súas réplicas nesas paisaxes desoladas. Eses escenarios de acción e paixón, baleiros pola nosa ausencia, pero cargados da mesma intimidade e segredos que nos rodeou.

Búmerang3. ¿Cales serían as túas referencias de seguimento ou reminiscencia creativa á hora de analizar os teus traballos?

Creo que podería facerse unha lectura do meu traballo facendo unha lectura da miña vida. Cada obra é provocada por un acontecemento, unha experiencia real que traduzo a unha instantánea.

Algúns aspectos presentes na obra de artistas como Jenny Holzer, Tracey Emin, Herman Hesse, Lou Reed, etc. entre outros, poderían ser análogos ou equiparables ó que me gustaría transmitir coa miña obra pola sinceridade, visceralidade e paixón co que contan as súas historias.

Búmerang4. Como representante da última xeración de artistas novos ¿Consideras acertada a promoción dos artistas noveis?

Considero que o panorama artístico atópase nun punto de inflexión, porque comeza a ser máis notorio a interese por ampliar o circuíto de artistas, xa recoñecidos, que ós novos creadores. Sen embargo, creo que queda moito por facer, xa que as vías para acceder a este sistema son moi escasas, na súa gran maioría só a través de concursos e influencias.

Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

Un dos proxectos que teño en mente: “¿Queres durmir comigo?”. Consiste na translación da linguaxe verbal á linguaxe corporal. A través dun anuncio, calquera persoa que chamase tería a opción de compartir comigo un espazo de 90 cm.: a miña cama. Documentando a acción en vídeo obtería un diario audiovisual dos meus encontros. Neste caso é a casualidade ou o probable o que rexe o meu destino, a miña sorte e quen se deita na miña cama, quedando á marxe os meus desexos e a miña vontade.

Ligazóns:
Eva Hesse

Jenny Holzer

Tracey Emin

Feminismo

Lou Read


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org