Colaboradores
  Búmerang
Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Léns
4/30 Mónica Alonso
O traballo de Mónica Alonso (A Fonsagrada, 1970) descríbese como unha das presenzas incuestionables da nova xeración de artistas. Pertence ó grupo de autores que ordenan o seu contorno, o seu lugar de vida nun continuo diálogo coa arquitectura e co contorno. A súa traxectoria vén perfilada pola presenza en numerosos certames, ademais de mostras en galerías (May Moré, SCQ e VGO), en colectivas (Novos Camiñantes, Figuracións desde Galicia, Doméstico’02 ou Indisciplinados) e en institucións como o Museo Provincial de Lugo, o CGAC, Caja Madrid, a Fundación “La Caixa”, o Museo de Arte Contemporánea de Valdivia (Chile) ou recentemente no ciclo expositivo Latitudes da Fundación Caixa Galicia. Na actualidade goza dunha bolsa na Academia Española de Roma.
monica_alonso.jpg
preme na imaxe para ampliala

Búmeran é participación. un diálogo coas novas voces das artes plásticas e visuais contemporáneas; un proceso aberto con 30 autores de plena actuación creativa.


anteriores búmerang
30/30 Diego Santomé
29/30 Chiu Longina
28/30 Almudena Fernández
27/30 Vicente Blanco
26/30 Álvaro Negro
25/30 Pablo Orza
24/30 Victoria Diehl
23/30 Berio Molina
22/30 Salvador Cidrás
21/30 Isaac Cordal
20/30 Irene González
19/30 Patricia Dopico
18/30 Pablo Pérez Sanmartín
17/30 Iván Prieto
16/30 Amaya González
15/30 Rubén Santiago
14/30 Arturo Fuentes
13/30 Jorge Perianes
12/30 Maribel Castro
11/30 Fran Herbello
10/30 Santi Jiménez
9/30 Jano
8/30 Rubén Ramos Balsa
7/30 Félix Fernández
6/30 Suso Fandiño
5/30 Antón Cabaleiro
4/30 Mónica Alonso
3/30 Antía Moure
2/30 Carlos Maciá
1/30 Carme Nogueira

Búmerang1. Todo o teu traballo é tremendamente persoal. ¿Onde comeza Mónica Alonso e onde comeza a túa obra de arte?

Pouco a pouco vou vendo como se dilúen os límites. A miña vida pasa mergullada nos escenarios da miña obra. Ao traballar todo o tempo na creación a mestura é menos evitábel, eu son unha persoa moi fantasiosa e déixome levar con facilidade cara a outras dimensións.

Toda a miña investigación artística parte de min, exploro en min porque me teño máis a man pero tamén porque me gusta. Sempre me interesou o destripe psicolóxico. O proxecto Trasplantes responde moi ben a túa pregunta, polo de agora todo o que transplantei –fantasía, amor, beleza- parte de min.

Búmerang2. A túa obra queda sempre nunha continua idea de proxecto (ComfortWorld).

Eu mesma son a sorprendida cando vexo como flúen as pezas nunha linearidade de discurso case perfecto. Un proxecto é a continuidade lóxica do anterior, alimenta aos precedentes e abre aos seguintes: ao construír Centrifuga para Amor consigo localizar o amor que servira para crear os Trasplantes de Amor, o mesmo coa fantasía. Sempre dixen que a miña obra non se pode entender dun xeito illado, senón que establecendo conexións que van e veñen, que se explican e potencian. Neste momento, estou traballando nun proxecto que explica dun xeito lineal obras dos anos 1993 e 1994.

Búmerang3. Na túa traxectoria existe unha relación coa sociedade e coa terra, a túa – Galicia, Lugo, Fonsagrada -, sempre nun referente cómplice e implicado.

Cando estou lonxe o meu lugar toma aínda moita máis presenza. Sei, sinto, con claridade onde quero estar, que é o que me alimenta e dá enerxía. O lugar que me dá a seguridade para seguir creando. Necesito viaxar, estar en movemento, pasar estancias prolongadas fóra, como neste caso 6 meses en Roma, pero onde realmente me sinto máis produtiva, creativa e chea de enerxía é en Galicia, tendo sempre presente o meu ambiente da Galicia rural.
Sempre estou en proceso de creación, viaxar e vivir en diferentes lugares é tremendamente enriquecedor, a dimensión da aprendizaxe é inmensa, pero onde verdadeiramente todo explota é en Galicia.

Búmerang4. ¿Como ves a promoción dos artistas novos en Galicia? ¿e a proxección exterior?

É unha realidade que a arte en Galicia se renova cunha calidade importante. Saen nomes, novos creadores, que de seguida se sitúan cun discurso propio e de interese. Sen embargo as dificultades son moitas, sobre todo no momento de saír do territorio galego. Cada paso que se dá cara ao exterior supón un gran esforzo persoal que debería estar máis apoiado. Para min a promoción pasa por traballar neste terreo, pensar na proxección cara ao exterior e no intercambio.

Nas miñas viaxes polo mundo como bolseira non é habitual toparse con outros artistas galegos, e penso que isto merece unha profunda reflexión.

Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

A miña estancia en Roma vén determinada por un interese na obra de Federico Fellini. Achégome con gusto a artistas que crearon mundos propios rexidos polos seus desexos, preferencias, paranoias, circunstancias, gustos ou caprichos. Non é casual que retomara tamén agora a Frida Khalo, outro referente importante.

Estou gozando ao descubrir en directo a Roma de Fellini, móvome pola cidade ollando a cada paso cousas nas que recoñezo a estética felliniana. Un proxecto moi ambicioso de futuro sería conseguir crear a estética alonsiana; acadar isto significaría que fun capaz de crear o meu propio mundo. A palabra alonsiano non é miña, teño un amigo que a utiliza moito cando saímos a pasear.

Ligazóns:
Crítica da obra de Mónica Alonso

Obras de Mónica Alonso

Exposición SEMA no Museo Provincial de Lugo

Mónica Alonso na mostra Latitudes I

Galería SCQ

Frida Kalho

Federico Fellini




Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org