Colaboradores
  Búmerang
Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Léns
12/30 Maribel Castro
Representa a obra de Maribel Castro (A Coruña, 1981) un perfecto exemplo das últimas achegas á creación galega actual. As súas obras, centradas na mediación da fotografía, insisten desde o acontecemento e a narración de historias de tensións cotiás. Presente en colectivas como “Vuelve a casa por Navidad”, e nos máis destacados certames de promoción de artistas como nas últimas edicións do “Novos Valores” da Deputación de Pontevedra, o “Premio Auditorio de Galicia” ou a recente iniciativa “Na Vangarda”.
maribel_castro.jpg
preme na imaxe para ampliala

Búmeran é participación. un diálogo coas novas voces das artes plásticas e visuais contemporáneas; un proceso aberto con 30 autores de plena actuación creativa.


anteriores búmerang
30/30 Diego Santomé
29/30 Chiu Longina
28/30 Almudena Fernández
27/30 Vicente Blanco
26/30 Álvaro Negro
25/30 Pablo Orza
24/30 Victoria Diehl
23/30 Berio Molina
22/30 Salvador Cidrás
21/30 Isaac Cordal
20/30 Irene González
19/30 Patricia Dopico
18/30 Pablo Pérez Sanmartín
17/30 Iván Prieto
16/30 Amaya González
15/30 Rubén Santiago
14/30 Arturo Fuentes
13/30 Jorge Perianes
12/30 Maribel Castro
11/30 Fran Herbello
10/30 Santi Jiménez
9/30 Jano
8/30 Rubén Ramos Balsa
7/30 Félix Fernández
6/30 Suso Fandiño
5/30 Antón Cabaleiro
4/30 Mónica Alonso
3/30 Antía Moure
2/30 Carlos Maciá
1/30 Carme Nogueira

Búmerang1. Observamos a túa obra como nun sentimento de proxecto en marcha, un retrato múltiple do cotiá ¿que outras claves centran os teus traballos?

O meu traballo consiste en contar historias baseadas nas relacións interpersoais, nos sentimentos, no que nos fai felices ou desgraciados. Sitúome sempre no contorno inmediato, o noso contorno favorito, o que mellor cremos coñecer e o que maiores tensións nos provoca. Busco complicidade con esta intimidade estraña, con estes encontros indesexados (e inexplicables): ademais da imaxe, o espazo destas historias tamén está fragmentado, e a través das súas fisuras comprobamos que a idea de real é variable…

Realmente, todo xira arredor do principal drama afectivo da vida: o conflito perpetuo entre o desexo e a realidade hostil, en forma de pequenas historias en certa medida terapéuticas ante as anomalías do cotián, brindando sempre un recoñecemento e á vez un estrañamento do mundo.

Búmerang2. Obras que se formulan case como fotogramas dunha película, cunha acción e unha serie de personaxes ¿realidade e ficción?

Non falaría tanto de película; as miñas fotografías mantéñense sempre no límite do acontecemento. Poderiamos chamalas relatos fotográficos, sempre abertos nunha escena intermedia, sen principio nin fin. Neles, entremézclanse atmosferas ficticias con atmosferas reais, en situacións conflitivas e abertas que poñen en continua sospeita a realidade duns personaxes que parecen habitar eses espazos dun xeito oblicuo a eles, achegada á noción de pose.

Creo que o simulacro pode ser unha forma rentable de transitar na experiencia, e sempre procuro que as fotografías garden unha “relación demasiado discreta coas aparencias”…

Búmerang3. ¿Que referentes se dispoñen relacionados coa túa obra? falo de relacións cómplices con autores ou tendencias.

Penso que a miña obra ten moito que ver cun pensamento posmoderno apreciable en moitos artistas que utilizan a fotografía xa non coma un documento de realidade, senón coma realidade en si mesma, como copia dun orixinal que nunca existiu. O meu favorito é Jeff Wall, como fotógrafo e coma “storyteller”. Ademais recoñezo influencias nos “fotodramas” de Tracey Moffatt, nos “untitled film stills” de Cincy Sherman, en John Hilliard, en Sam Taylor-Wood, Philip-Lorca diCorcia… Pero tamén teño fortes compoñentes pictóricos, cinematográficos e literarios, e, por suposto, outros moitos non pertencentes ó ámbito do sofisticado ou do intelectual.

Búmerang4. Gustaríame que nos comentaras cal pensas que é o lugar da Facultade de BB AA de Pontevedra na actualidade. ¿Consideras adecuada a promoción dos novos artistas en Galicia?

Hoxe en día a maioría dos novos artistas proveñen das facultades de Belas Artes. Se ben é certo que o paso pola facultade non ten porque ser requisito imprescindible para meterse nos circuítos da arte (digamos que non son todos os que están, nin están todos os que son, e que ademais hai outros factores determinantes, máis ou menos claros), si facilita algo as cousas. En certo modo, a Facultade de Pontevedra funciona coma unha especie de canteira, aínda que non me atrevería a falar dunha xeración en concreto nin de nada etiquetable: O que alí se está a cocer é algo moi diverso e heteroxéneo.

Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

Ando a voltas con montóns de historias, de temas, de escenarios, de situacións, de personaxes máis ou menos apaixonantes, que non necesariamente terminan por se concretar, e dos que non me gusta falar demasiado ata que de súpeto algúns deles se acoplen do modo xusto: entón dispararei a miña próxima fotografía. O meu próximo proxecto será unha serie de (des)amor, de (re)presentacións de historias que se lean por momentos, que se podan ler tanto ó dereito como ó revés…

En paralelo, agora en Madrid continuo coa miña formación académica, onde o próximo ano comezarei tamén os estudos de doutoramento.

Ligazóns:
Saladestar


Certame Novos Valores


Jeff Wall


Tracey Moffatt


Philip-Lorca diCorcia


John Hilliard



Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org