Colaboradores
  Búmerang
Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Léns
13/30 Jorge Perianes
Toda a obra de Jorge Perianes (Ourense, 1974) recrea un mundo de narracións; formulada desde pequenas escalas plásticas, mínimas, surreais e de realidades ocultas, preséntase como un dos autores máis imaxinativos desta nova xeración de artistas galegos. Vén de presentar os seus últimos traballos na galería Ad-hoc de Vigo, coa que colabora e asistiu a numerosas feiras de arte (Arco ou Artísima de Milán). Sobresaen as súas mostras individuais como a realizada por Iniciativa Curva (Santiago), no ciclo Altearte (Ourense) e colectivas como o certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense, a VIII Mostra Unión Fenosa, a recente “Instinto” na galería Fúcares ou a recoñecida “Generación 2005” de Caja Madrid.
Jorge_Perianes2.jpg
preme na imaxe para ampliala

Búmeran é participación. un diálogo coas novas voces das artes plásticas e visuais contemporáneas; un proceso aberto con 30 autores de plena actuación creativa.


anteriores búmerang
30/30 Diego Santomé
29/30 Chiu Longina
28/30 Almudena Fernández
27/30 Vicente Blanco
26/30 Álvaro Negro
25/30 Pablo Orza
24/30 Victoria Diehl
23/30 Berio Molina
22/30 Salvador Cidrás
21/30 Isaac Cordal
20/30 Irene González
19/30 Patricia Dopico
18/30 Pablo Pérez Sanmartín
17/30 Iván Prieto
16/30 Amaya González
15/30 Rubén Santiago
14/30 Arturo Fuentes
13/30 Jorge Perianes
12/30 Maribel Castro
11/30 Fran Herbello
10/30 Santi Jiménez
9/30 Jano
8/30 Rubén Ramos Balsa
7/30 Félix Fernández
6/30 Suso Fandiño
5/30 Antón Cabaleiro
4/30 Mónica Alonso
3/30 Antía Moure
2/30 Carlos Maciá
1/30 Carme Nogueira

Búmerang1. ¿Cales son as claves que definen o teu traballo, sempre identificado cunha lectura de mínimos dentro dunha narración irónica e surreal?

O meu traballo, totalmente narrativo e figurativo (aínda que non por iso de lectura lineal nin exento de poetización) ten o seu sentido en que trata de funcionar como un espello de realidades ocultas ó xeito wildeano; non se trata dun mero xogo a pesar da súa aparencia externa, este só é unha máscara que busca destapar outras máscaras. Sírvome da escultura e a pintura indistintamente sempre dependendo da adecuación á idea. Se me centrei máis na escultura é polo su carácter presencial e polas repercusións que isto ten na contemporaneidade. A escultura non representa, crea unha entidade nova, anima o obxecto, ten “alma” e pode ser manipulable; “está viva pero non é unha ameaza” dicíanos Gombrich, ademais nela pódese ensaiar aínda a exploración das formas. Resulta pois, para min, un medio perfecto para un xogo de atracción-repulsión que busca provocar no espectador un “vértigo táctil” e un achegamento confiado a unha obra que esconde tamén traxedia (sempre detrás de toda beleza), melancolía e desengano. Obra, polo tanto, elexíaca, sutilmente inquedante, de afán catalogador, visual (pictórica), meticulosa e irónica.

Búmerang2. Entendemos as túas obras, debuxos e pequenas esculturas, como microrelatos. Unha poética pouco experimentada en Galicia.

É certo que case no coñezo referentes nin discursos homónimos galegos, pero penso que isto non supón ninguna singularidade hoxe en día. A nosa xeración recibiu influencia cultural global, heteroxénea e ampla (con máis ou menos calado): a t.v., o cine, a música pop, etc. formounos a todos de forma similar e a maiores os intereses particulares de cada un e as estancias en diferentes cidades realizaron combinacións especiais. Podemos falar entón dunha multiplicidade de referentes, dunha miscelánea e hibridación que combina sentimentos da nosa terra e doutros lugares do globo. Síntome vigués, galego, español, europeo, etc.

Búmerang3. ¿Sénteste identificado cunha mesma xeración de novos autores galegos? ¿Consideras apropiada a súa promoción?

Creo que actualmente non se pode falar de, máis ou menos, grandes movementos artísticos senón máis ben dunha tendencia ó individualismo. Agrupámonos xeracionalmente e ofrecemos distintos puntos de vista sobre unha realidade global. Persoalmente estou contento coa maioría das propostas dos meus compañeiros, o cal xa é dicir moito, e respecto á súa promoción considero que, aínda que nun principio resulta un pouco precaria, parece que pouco a pouco se están formulando algunhas propostas interesantes que tal vez axuden a mellorar un pouco a situación.

Búmerang4. ¿Poderías establecer unha narración de tendencias ou autores que contextualicen a túa produción? Nomes cos que te sentes identificado.

Si, por suposto, a lista é extensa xa que estou moi interesado en distintas formas de expresión artística e estou seguro que recibo influenza directa de todas elas. Por exemplo, estou fascinado pola literatura e as súas formas de construción, dalgún xeito a miña obra funciona como unha auténtica narración. Dentro dela debo destacar a escritores fundamentais para min pola súa forma de asimilar e presentar a crise social e cultural do mundo contemporáneo. Destacaría a Kafka, Roth, Camus, Schnitzler, Handke, Bernhard e sobre todo a Musil e o seu fundamental “El hombre sin atributos”. Dentro xa do terreo plástico interésame moito e comparto puntos de vista coa obra de Tom Friedman, Walter Martin & Paloma Muñoz, Mark Dion, Gregory Crewdson e Mateo Maté entre outros, e tamén destacaría a pintura de Peter Doig, Neo Rauch, Luc Tuymans e Francis Alÿs. Dentro dunha liña temporal máis ampla reviso continuamente as naturezas mortas do barroco holandés, alemán e italiano na busca de simboloxía e significados atemporais que enriquezan o meu discurso persoal.

Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

Non concibo falar de proxectos concretos de xeito illado; o meu proceso creativo enlaza un discurso con outro, unha peza con outra. Contarche un proxecto é contar todo de novo; en todo caso podería destacar os elos que enlazan unhas pezas con outras, e neste sentido podería dicirche que seguirei coa miña particular representación do real expremindo e tratando de esgotar símbolos concretos e procurando a súa continua evolución e renovación. É moi difícil e incómodo fraccionar o meu proceso creativo. Creo estar vendo a realidade sempre desde o mesmo arco de circunferencia, só descubro, consciente e inconscientemente, simboloxía nova e trato de ir eliminando o banal e o que me conduce a calella sen saída.

Ligazóns:
Obras e curriculo de Perianes


Galería ad hoc


Mostra de Perianes no ciclo Alterarte


Colectiva Instinto


Crítica da obra de Perianes I


Crítica da obra de Perianes II


Crítica da obra de Perianes III


Robert Musil: “El Hombre sin atributos”


Artigo: O tempo dun bodegón


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org