Colaboradores
  Búmerang
Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Léns
21/30 Isaac Cordal
Recoñecemos a obra de Isaac Cordal (Pontevedra, 1974) sempre identificada coa tese do proxecto, cunha coherente liña evolutiva, que se describe desde a formación na Escola de Canteiros e na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, para trasladar a súa traxectoria nun percorrido desde a plástica e a ruptura de límites da arte multimedia. Sobresae a súa participación en proxectos experimentais no ámbito galego como www.alg-a.com ou www.ludd34560.com, mentres lembramos as súas mostras en Espazo Caja Madrid Pontevedra, Procesalia ou a galería portuense Por Amor á Arte. Unha liña que se complementa coa participación en iniciativas tan destacables como IFI, certames de promoción (Premio Auditorio de Galicia ou Novos Valores), colectivas de tema como “Malas Artes: Maquinacións” ou “Libro de Artista” e a súa implicación dentro do proxecto Feedback ou do grupo de videocreación Sr. PAUSE. Na actualidade, remata o proxecto “Maina”.
isaac_cordal.jpg
preme na imaxe para ampliala

Búmeran é participación. un diálogo coas novas voces das artes plásticas e visuais contemporáneas; un proceso aberto con 30 autores de plena actuación creativa.


anteriores búmerang
30/30 Diego Santomé
29/30 Chiu Longina
28/30 Almudena Fernández
27/30 Vicente Blanco
26/30 Álvaro Negro
25/30 Pablo Orza
24/30 Victoria Diehl
23/30 Berio Molina
22/30 Salvador Cidrás
21/30 Isaac Cordal
20/30 Irene González
19/30 Patricia Dopico
18/30 Pablo Pérez Sanmartín
17/30 Iván Prieto
16/30 Amaya González
15/30 Rubén Santiago
14/30 Arturo Fuentes
13/30 Jorge Perianes
12/30 Maribel Castro
11/30 Fran Herbello
10/30 Santi Jiménez
9/30 Jano
8/30 Rubén Ramos Balsa
7/30 Félix Fernández
6/30 Suso Fandiño
5/30 Antón Cabaleiro
4/30 Mónica Alonso
3/30 Antía Moure
2/30 Carlos Maciá
1/30 Carme Nogueira

Búmerang1. O primeiro que advertimos na túa traxectoria é un achegamento á obra desde parámetros de proceso, de evolución en proxectos; unha progresión que se alimentou/a de diversos campos e estudos. ¿Cales consideras que son as liñas básicas da túa traxectoria?

Custa centrarse nunha cousa. Penso que ás veces prexudica pola dispersión que supón. Eu comecei na escola de canteiros. A convivencia entre dous mundos sempre é beneficiosa. Entre o ensino artesanal e outro máis teórico e conceptual no caso da facultade de Belas Artes. Quizais estamos de mudanza dun urbanismo analóxico a outro dixital. Pensemos nas ferramentas. Substituímos o cincel e o lapis por infinitivos vinculados ao software (copiar, pegar, cortar, eliminar...). Todo leva tempo, e hoxe todo querémolo xa, agora. Latencia cero. E o espazo míranos inmóbil e preocupado.

No medio quedan flecos para representar a realidade. Cunha parte do meu traballo trato de mediar un pouco entre estes dous mundos, unha dualidade que lembra a orixe, que anhela procesualidade. Con mecanismos sinxelos minimizar a exaltación dos novos soportes dixitais, os cales deben ser unha ferramenta e nunca un fin. O divorcio entre ambos polos xera unha distancia brutal.

Búmerang2. Concrétanse os traballos dos últimos anos nunha tendencia á arte multimedia, relacionada coa internet e a música electrónica. Vinculado a proxectos que van desde IFI ata www.alg-a.com ou www.ludd34560.com

A convivencia dos dous mundos ponse en práctica. É unha mágoa que o IFI estea en pausa. Penso que non debe esquecerse porque foi ata agora o evento máis importante de novas tendencias na nosa comunidade. Non se pode desestimar tanto esforzo.

Alg-a trata de ser un medio de amplificación de propostas tanto de artistas galegos, así como tamén unha ollada ao plancto mediático da arte en xeral. Unha especie de mediateca viva. Aberta a tod@s.

O colectivo Ludd é un laboratorio experimental, un híbrido entre o mundo analóxico e o dixital. Temos ao noso arredor varias propostas como son Census e Off, proxectos que podedes consultar na nosa web.

E xa que comentas o da música electrónica publicitarei o meu proxecto (je,je...). Chámase “Maina”, un traballo de audio que teño con Maureen Kinnear e Ig. Podedes descargalo Ep no Net label de Alg-a, tamén editado no selo canadense Nishi. Cinco temas baixo o título “Ola calma”. Escoitádeo e tamén as demais referencias do Net label, catorce propostas de audio experimental de artistas sonoros galegos.

Búmerang3 ¿Cal consideras que é a realidade da arte que se deriva ou investiga desde o multimedia na actualidade, non só en Galicia senón a un ámbito peninsular?

O espectador convértese en usuario. Deixamos un pouco de lado ese enquistamento retiniano pasivo. Dáme a sensación que hai unha preocupación por onde localizar un transvasamento cultural novo. A cultura é un material maleable, escultórico e despréndese definitivamente da institucionalidade para modelalo a xente. Adopta novas vías e diálogos. Digamos que debería ser nómade e en continuo proceso de aprendizaxe. O multimedia penso que ten moito que ver co posicionamento cultural dun mundo novo en construción, e as bases deben crearse fóra dos ámbitos exclusivamente económicos.

Búmerang4. ¿Identifícaste cunha xeración de novos autores galegos que tivestes unha mesma formación?

Non o sei. Identifícome coa inestabilidade das novas xeracións. Identifícome co esforzo importante por parte de tod@s os novos creadores galegos. Unha loita coa emigración, co desemprego, coa falta de apoio, cun ente abstracto legado do capitalismo, etc. Eu vexo moitas ganas de facer cousas e de facelas ben. Non é gratuíto que en premios nacionais de ilustración, como Injuve, existan tres ou catros galegos premiados, por exemplo. Penso que se debería prestar máis atención ó que se fai aquí ou como están os creadores galegos na diáspora. E tamén en que condicións se crea; nunha situación onde parece que temos que seguir a baba caracolesca do funcionario empedernido como única premisa de autoxestión.

Doutro xeito voltamos á arte galega coma un produto de fóra.

Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

Acabar o novo traballo de audio de “Maina” ...

Ligazóns:
Web de Alg-a
Currículo profesional
Artigo de Isaac Cordal
Proxecto “Maina”
Artigo Culturagalega sobre net-art
Web de Isaac Cordal
Web de VHPlab
Web de Ludd


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org