 |
|
Disque
o emperador toleou. Disque despareceu tres días logo de morrer
a súa irmá, coa que, disque, se levaba ben de máis...
non sei se me explico.
Pois disque marchou, e que ó voltar viña dicindo que quería
a lúa... Dese aquela nada voltou ser coma antes. Comezou a dictar
leis inxustas, matando sen sentido... Disque secuestrou a esposa dalgún
patricio, que quere que o veneren coma un deus, que ten o país
aterrorizado...
Din tamén que cre estar iluminado. Que a liberdade é non
dar importancia a nada, e que se exercita na liberdade facendo e desfacendo
ó seu antollo. Vístese de bailarina, toma canta muller lle
apetece, ... Disque o que quere é facer que o imposible se faga
posible e que todos os homes vivan para sempre.
Disque
o que quere é a lúa, e mesmo algúns dos que conspiran
contra el o comprenden en parte...
Non sei onde irá dar isto.

|