Escolma sonora
O Calígula histórico naceu o 31 de agosto do ano 12 d.C. en Anzio. De familia noble, foi designado herdeiro do emperador Tiberio, a pesar de que este mandara matar a súa nai e ós seus irmáns.

No ano 37, Calígula chegou ó poder, aclamado polo pobo e apoiado polo senado, os primeiros meses do mandato facían presaxiar un bo período. Apenas un ano despois produciuse a morte da súa irmá e suposta amante Drusila.
Este é o intre no que comeza a obra de Camus e a depravación de Calígula.

Desde entón e ata a súa morte, Calígula gobernou arbitrariamente, realizou extravagancias coma o de querer nomear cónsul o seu cabalo de carreras, secuestrar as esposas dos patricios para prostituilas, facer un burdel no palacio ou mandar facer unha capela dedicada a el no templo de Xerusalén.

Todos estes desmáns fixérono pasar á historia coma un tirano demente. Foi asasinado no ano 41 polos seus inimigos .