Recursos
sobre

|
Camus
naceu en novembro de 1913 en Mondovi, Alxeria, nunha familia pobre. Acda
estudiar filosofía en Arxel, onde contacta co Partido Comunista,
o que rematará afiliándose e participa na creación
dun grupo teatral.
Logo da súa reptura co PC crea o grupo Théâtre
de l'Équipe, para a que escribe a primeira versión de
Calígula, que se estrea en 1939. Colabora co xornal Alger-Republicain,
e logo de comezar a guerra trasládase a París, onde participará
na Resistencia e publicará en 1942 a novela O estraxeiro.
En 1945 estréase con grande éxito en París Calígula.
No 47 publica A peste e no 51 expón a súa filosofía
existencialista no Home Rebelde, no que trata da necesidade da
solidariedade ante a traxedia da existencia, temas que percorren toda
a súa obra.
Desde entón a súa carreira artística continúa
un ascenso imparable ó tempo que a súa saúde e a
súa deseperación existencial se agravan. En 1957 recibe
o premio Novel de Literatura e só tres anos despois morre nun accidente
de tráfico, deixando inacabada unha obra fortemente autobiográfica
chamada O primeiro home.
|