O centro Dramático Galego naceu en 1984 coa intenciónn de xerar unha programación teatral estable e de calidade en galego que incluíse tanto autores teatrais do país como clásicos do xénero.

Ata 1995, o Centro funcionou coma un centro de producción de espectáculos que contrataba actores segundo a necesidade da obra. Desde ese ano funciona como unha compañía estable, encadrado dentro do Instituto das Artes Escénicas e Musicais e cunha quincena de actores fixos.

O seu método de traballo adoita ser a contratación dun director convidado para cada montaxe, a disposición do cal se pon o equipo técnico do centro e os actores. A producción e ensaios de cada montaxe adoita durar arredor de dous meses, despois dos cales comeza unha xira polos principais escenarios do país.

A existencia de obras en reprertorio, permite ó CDG realizar reposicións das máis aceptadas polo público. Ademais das obras en si, o CDG realiza actividades de formación escénica, colabora na publicación de libros sobre o xénero e ten un plano de achegamento ó teatro para xente nova.
Escolma sonora