Propómosche un exercicio. Temos un autor, Castelao, que escribiu relatos inspirados na tradición oral. E temos a tres contacontos modernos: Santi Prego, Cándido Pazó e Avelino González, que interpretan a Castelao a cadanseu xeito. Compara a obra orixinal de Castelao coa voz moi persoal destes actores. Adiante.  

 
  Cándido Pazó (San Paio de Navia-Vigo, 1960). Comeza a súa actividade como actor, en 1.975. Membro fundador da compañía A Farándula, logo de actuar en diversas compañías e no CDG, debuta como autor e director de escena coa súa compañía, Tranvía Teatro en 1.989. Escribe, dirixe e fai adaptacións. É guionista para televisión e dedícase tamén á narración oral, sendo numerosas e coñecidas as súas actuacións como conteiro, tanto en directo como en radio e televisión.



  Santiago Prego (Vigo, 1962). Licenciado en Filosofía deu clases de teatro en varios colexios. É actor da compañía Ollomoltranvía. Ten unha ampla experiencia en interpretación en teatro, cine e televisión. Estivo entre os elexidos para optar ó galardón ó mellor actor dos Premios AGAPI pola súa magnífica interpretación na curtametraxe "O río ten mans" ( Beatriz del Monte, 2000 ).


  Avelino González (Vigo, 1962) Comeza o seu traballo actoral no teatro coa compañia A Farándula de Vigo entre 1980 e 1984, despois actúa en diversas produccións teatrais e imparte cursos. Premio Compostela 1993 ó mellor actor secundario (compartido) polo seu traballo en Un soño de Verán. Traballa en teatro, cine e televisión e tamén fai sesións de contacontos con gran éxito.

 

"Contos de Castelao. Nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó" é unha publicación do Arquivo Sonoro de Galicia

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000




Software MP3 - Winamp

Descárgao

Para descomprimir os arquivos - Winzip

Descárgao

Para escoitar os contos rápidamente




Descárgao