Escoitas:

Cando as lexíóns romanas chegaron a Fisterre...

Para colmo, os procesos de inquisición...

Eu fai dous ou tres anos...
Para descarga-los arquivos necesita...

En 1970 Don Álvaro foi convidado ó Centro Galego de Lisboa pola sociedade Xuventude de Galicia. Alvaro Cunqueiro ofreceu unha conferencia na que fixo un repaso completo da historia de Galicia e das orixes soa Cultura, desde a prehistoria ata o século XVIII.

Na soa conferencia, Cunqueiro deu mostras da súa grande erudición, falando sobre os mitos celtas, a política dos Irmandiños, a creación da fábrica de Sargadelos ou as diferentes influencias que sufriu o idioma. Entre as citas que fai, atopamos as sagas irlandesas, o Ciprianillo, documentos medievais... Onda a erudición, o humor inconfundible do mindoniense.

As anécdotas máis asombrosas, coma a do conde de Altamira que pesaba 360 libras galegas e a recreación nos pequenos detalles da Historia salpimentan unha narración informal, na que moitos aspectos pouco coñecidos son postos á luz. Aquí podes escoitar fragmentos desta conferencia, conservada en audio no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega e ler o texto completo. Vinte anos despois, seguimos podendo oír a Cunqueiro. Se queres ter unha transcripción do discurso aquí a podes baixar, recorda que necesitas o Adobe Acrobat Reader. Se non o tes, podes descargalo.


 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000