Anoite asistimos a unha velada especial. Os ilustres científicos da nosa Universidade demostraron no patio da Facultade que se pode crear luz da nada. Esta é a primeira vez -e así nolo aseguraron numerosos estudiosos da ciencia moderna- que en toda España se fai unha cousa similar.
Non sabemos cal será o noso proveito para a nosa vida social ou para xeracións vindeiras, pero a "luz eléctrica", que é así como lle chaman científicos coma o Sr. Casares -egrexio científico e profesor- a estas chamas lumínicas dá mostra do bo facer da nosa comunidade científica e de que a chama do progreso segue vive nesta nosa Galicia, habitualmente tan esquencida dos beneficios que os homes de ciencia levan ós pobos ricos.

A exposición A noite está varrida da terra recrea esta época de descubrimentos e de como a luz eléctrica pouco a pouco foi chegando a tódolos campos da vida galega dende o seu descubrimento.

A exposición, organizada pola Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do Consello da Cultura Galega co patrocinio de Unión Fenosa e da Universidade de Santiago, pódese visitar na Igrexa da Universidade, en Compostela, ata o 30 de xuño.

Deseño: Manuel Gago
Producción: Lorena Rodríguez
Con textos e imaxes do equipo de deseño e montaxe da exposición "A noite está varrida da terra".


Ver curiosos e interesantes artefactos científicos
A crónica da demostración polo noso xornalista Armando Cotarelo