Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Coruña > Quen é quen > Emilia Pardo Bazán

A emigración cubana

Nada mellor que as novelas de Emilia Pardo Bazán para achegarse á Galiza de fins do século XIX, á Galiza rural que reinterpreta ao seu modo todo o procedente do Estado Liberal. Nacida na Coruña, no seo dunha familia de alto avoengo social e político, serían precisamente as experiencias vividas ao pé da súa familia as que lle servirán á Condesa de Pardo Bazán para reflectir nas súas obras un retrato fiel da Galiza finisecular.

A novelística de Pardo Bazán comeza a achegarse ao naturalismo en 1833, con La Tribuna, cuxa figura central é unha cigarreira da coruñesa Fábrica de Tabacos. A concepción naturalista da novela pardobaziana chega en 1886, coa publicación de Los Pazos de Ulloa, continuada ao ano seguinte con La madre naturaleza. A súa obra constituíu unha crítica das prácticas da política liberal no mundo rural, como eran o caciquismo e corrución da Administración. Os personaxes de Trompeta e Barbacana da obra Los Pazos de Ulloa son as mellores caracterizacións do caciquismo turnista da España da Restauración.

 

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”