Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Coruña > Quen é quen > Montero Ríos

A emigración cubana

Poucos políticos galegos acadaron en España o influxo e a posición de Eugenio Montero Ríos. Ao mesmo tempo, a súa persoa representa o paradigma político da España Liberal: o notábel que logra construír unha rede de influencias que lle aseguran un predominio político.

O “Cuco de Lourizán” tal e como definiu Lamas Carvajal, fixo carreira política vencellado á esquerda liberal, destacando polo seu aperturismo lexislativo no Sexenio Revolucionario (1868-1973). Deputado, Senador e Ministro, a súa carreira política remataría coa Presidencia do Goberno en 1905.

Montero Ríos encabezou ademais a delegación española encargada de negociar en París cos Estados Unidos a liquidación do Imperio colonial español en 1898.

Entre 1911 e 1913 voltou exercer a presidencia do Senado. Foi membro da Real Academia da Historia e da de Ciencias Morais e Políticas. Faleceu en Madrid o 5 de maio de 1914.

 

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”