como se fixo

Unha vez Kike Benlloch elaborou o guión e trazou a trama  na que se tecería o mapa do videoxogo veu o momento de lle dar forma. E é aquí cando entran en xogo o debuxante Víctor Rivas e os programadores informáticos Luz Castro e Diego Vázquez. Todos eles foron paseniñamente dando corpo ós textos e esquemas que o guionista creara. Fóronse creando pantallas, perfilando as personaxes, os escenarios e todas as localizacións para obter do guión un resultado interactivo.

Nese sentido foille dando a apariencia de xogo conversacional inspirado en outros xogos que estaban a arrasar no mundo enteiro, sobre todo os de LucasArts. E dentro deles o Monkey Island. “O misterio das sete pezas” foise creando inspirado na mesma filosofía de traballo que outros dos videoxogos que se poden atopar no mercado.

O equipo de Imaxín foi localizando espacios, fotografiando escenarios que o debuxante incluiría no videoxogo. E non só os espacios, senón todos aqueles obxectos identificativos da nosa cultura que fan que “O misterio das sete pezas” sexa un producto 100% galego.

Aínda que pantalla a pantalla, a medida que se vaian resolvendo os enigmas que teñen a cidade de Santiago pendurada no aire, desde a propia creación os seus autores establecen que non ten porque ser un xogo localista. De feito, están xogando con iconos perfectamente recoñecibles  e que calquera neno de calquera parte de Galicia, podería resolver con facilidade.

E logo de crear pantallas, imaxes, persoxanes e gráficos, houbo que poñerlle voz e música (de Ramón Feáns) para darlle ese aspecto final, ese toque máis profesional e interactivo que todos temos en mente á hora de xogar cun producto deste tipo.

 


É ben doado, non te preocupes. Os videos están optimizados para que poidas disfrutar deles con calquera conexión. Mira o noso titorial de multimedia por se todo isto che soa a chinés ou non tes os programas necesarios.


 

 

 

 

 

 

 


Cultura Galega.org

Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org

Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000