.................

ESCOLLER A VELOCIDADE PARA VER OS VIDEOS

Observarás que damos tres alternativas para ver os videos: 28 kbs, ADSL e Universidade.

Para saber cal é a máis adecuada, explicámoslle cal é a diferencia:

28 kbps: é a velocidade que tes se estás conectado por módem, dende a casa, e cunha conexión telefónica a Internet. Xa sabes, das que se colgan cada dous por tres ;-)

ADSL: O propio nome xa o di. Para os usuarios que teñan instalada unha liña ADSL.

UNIVERSIDADE:
Son versións de moi alta calidade pensadas especificamente para as tres Universidades galegas e os outros centros conectados á Autoestrada Galega da Información. Se non sabes se o teu centro está na Autoestrada, pregunta ó Administrador de Sistemas do teu organismo.



 

 

 

 

 

 

 

 

 










 

 

 

 






  OS REPRODUCTORES DE VIDEO

Real Player:
O Realplayer é un reproductor de audio e de video que permite ver e oir arquivos gravados neste formato. Este formato permite transmitir imaxe e son a través de Internet cunha grande compresión, de xeito que o tempo de agarda para acceder ó arquivo é menor que con outros formatos. Sen embargo, a calidade final tamén diminúe con respecto a sistemas nos que a información está menos comprimida.

O Realplayer permite a reproducción en "streaming", é dicir, que non cómpre descargar o arquivo completo antes de velo, senón que o arquivo vaise descargando á memoria do computador a medida que o imos vendo ou escoitando. Na páxina da ligazón, o reproductor gratuito está un pouco agachado. Tes que baixar ata que atopes un apartado chamado "Other links" e escoller "Real Player 8 Basic". Tamén tes acceso a unha versión de pago máis completa e de custe reducido.
http://www.real.com/

Problema: Se sabes que tes Real Player e non das visto contidos neste formato, unha das posibles causas é que se trate dunha versión vella do programa. Neste caso, o Real adoita lanzar unha fiestra que che pide se queres actualizar o programa. Nese caso dille que si. Se non se lanza a fiestra, proba a seleccionar no seu menú "Axuda" o item "Comprobar actualizacións". O que fará o Real Player será porse en contacto cos servidores da compañía e actualizaranche automaticamente o software.

Quicktime:
O Quicktime é un formato que permite a reproducción de arquivos de video e de audio da rede cunha grande calidade e un peso non excesivo. A transmisión de arquivos realízase en "streaming", é dicir, permite a reproducción de arquivo mentres este se carga, diminuíndo o tempo de agarda. Recomendado para cinéfilos ;-)

http://www.apple.com/quicktime/download/

Problema:
Se sabes que tes Quicktime e non das visto os videos nese formato, é posible que teñas unha versión inferior á 4.0 do programa, na que están codificados os videos de A Palabra no tempo. Nese caso, a mellor solución é ir á URL que che indicamos no parágrafo anterior e descargar unha nova versión.


OS REPRODUCTORES DE MP3
(valen para escoitar a banda sonora de Piti Sanz)

Winamp: (skin en galego)
É o reproductor clásico para os arquivos de audio MP3. O Winamp é gratuito e permíteche organizar os arquivos MP3 descargados nunha biblioteca. Permíteche acceder tamén a centos de emisoras de radio en Internet a través da súa web Shoutcast (http://www.shoutcast.com). Ademais, está traducido ó galego. Pódelo descargar dende Galego21.
http://www.galego21.org/xis/software/winamp.htm

Unha boa alternativa é MusicMatch, que tamén integra dentro do programa a visualización de arquivos de video Windows Media.
http://www.musicmatch.com/

 

 

É ben doado, non te preocupes. Os videos están optimizados para que poidas disfrutar deles con calquera conexión. Mira o noso titorial de multimedia por se todo isto che soa a chinés ou non tes os programas necesarios.


Nemedón S.L. é a productora audiovisual que realizou o proxecto.
Televisión de Galicia é a cadea que financiou en gran medida os custes de producción.
En culturagalega.org: Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago; Producción: Kike Benlloch, Santi Montes, Lorena Rodríguez; Redacción: Cristina Mouriño.

A palabra no tempo

| inicio | os capitulos | a musica | as autoras | o concurso


culturagalega.org ············ ®Consello da Cultura Galega