.................



Escolle un capítulo


[1.]
A Ponte da morriña
[2.] O país da auga
[3.] A reverensía ó sol
[4.] A ollada asolagada
[5.] Lugar de Teixido
[6.] Terra de Devesas

[7.] Contos de Polavila

 

Ficha técnica:

Ano: 2000
Producción: NEMEDÓN S.L. Produccións Audiovisuais para TVG
Idea orixinal e Guión: Pilar Faxil, Cristina Santos e Helena Villares
Dirección: Helena Villares
Entrevistas: Pilar Faxil
Producción: Cristina Santos
Cámara: Luis Pardo de Vera
Montador: Manuel Viejo
Son: Xavier Lemos
Técnico de son: Gonzalo Gil
Música Orixinal: Piti Sanz
Voz en off: Luis Iglesia
Posproducción en avid:
Manuel Viejo
Axudante de posroducción: Nando Basteros
Grafismo: Manuel Domigues
Lingüístas: Pilar Faxil
Distribución: NEMEDÓN S.L. e TVG
Televisión: DOCUMENTAL
Cor, 30 m, Galicia, 2000
Versión orixinal: Galego
Sistema: Betacam SP
Emisión: sen emitir

 

[4.] A OLLADA ASOLAGADA

En Galicia cóntase en moitos lugares a historia da cidade que dorme o esquecemento da auga. A máis coñecida é a que repousa alagada polas augas da lagoa de Antela, na Limia: a que chaman a cidade de Antioquía. Situada no centro da provincia de Ourense, a lagoa tamén é coñecida polo Lago de Beón, orixinario do bión, o xunco usado para berce do gando. Antela é diminutivo de anta, o que fai pensar na anterior existencia no lugar de antas. Para situarnos, a lagoa lindaba con Xinzo da Limia, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Vilar de Santos, Rairiz da Veiga e A Poqueira

Dise moitas veces que a realidade supera a ficción, e este caso pode ser un deses que apoia o dito popular. Nos anos sesenta, a lagoa que alagara Antioquía foi sepultada. Esvaeceuse. Destruíuse unha área de enorme interese ecolóxico coa que se perdeu tamén parte do espírito dos habitantes da comarca que estaban moi unidos a ese hábitat.

En 1958 comezaron os traballos de desecación e canalización aducindo para tales feitos, o saneamento do terreo e o seu aproveitamento agrícola ó que seguiría a concentración parcelaria. Hoxe en día, A Unesco, a Deputación de Ourense e os alcaldes da comarca traballan xuntos nun proxecto común: a recuperación dos humedais da Lagoa de Antela.

MIRA AQUI OS VIDEOS

[4.1] A CIDADE DE ANTIOQUIA
A desecada lagoa de Antela serve de escenario de múltiples lendas dunha misteriosa cidade alagada

Elixe como queres velos:
[Real Player]
[Quick Time]

[4.2] CRUCES
Igual que había no mar, no interior tamén teñen os seus propios rituais. Era unha forma de escapar do medo á Santa Compaña e ó Peto das Ánimas.

Elixe como queres velos:
[Real Player]
[Quick Time]

[4..3] VER A SANTA COMPAÑA
Un encontro coa procesión dos mortos.

Elixe como queres velos:
[Real Player]
[Quick Time]


É ben doado, non te preocupes. Os videos están optimizados para que poidas disfrutar deles con calquera conexión. Mira o noso titorial de multimedia por se todo isto che soa a chinés ou non tes os programas necesarios.


Nemedón S.L. é a productora audiovisual que realizou o proxecto.
Televisión de Galicia é a cadea que financiou en gran medida os custes de producción.
En culturagalega.org: Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago; Producción: Kike Benlloch, Santi Montes, Lorena Rodríguez; Redacción: Cristina Mouriño.

A palabra no tempo
| inicio | os capitulos | a musica | as autoras | o concurso


culturagalega.org ············ ®Consello da Cultura Galega