Últimas noticias
 
O movemento reintegracionista unifícase coa formaciónda Assembleia da Língua


Aínda que a xuntanza fundacional desenvolveuse o sábado vintetres de febreiro, aínda onte se fixo público. O reintegracionismo galego conta cun novo órgano, a Assembleia da Língua, na que están representados a práctica totalidade de colectivos partidarios desta opción ortográfica para o noso idioma. As xuntanzas e contactos realizados a partir do manifesto conxunto do 15 de decembro permitiron que este movemento contase, por primeira vez nos últimos quince anos, cunha unidade organizativa.

(MAIS)

  Comunicado: Do manifesto 15D à Assembleia da Língua
Presentación do órgano que coordina o movemento reintegracionista do país desde o pasado vintetres de febreiro.
Podes lelo aquí.

  Comunicado de apoio á reforma normativa. redactado o 12 de decembro en Compostela e apoiado por algúns dos máis prestixiosos colectivos e persoeiros da cultura.
Podes lelo aquí.

  Manifesto unitário do reintegracionismo na Galiza. O movemento reintegracionsta galego fai pública a súa postura común ante a reforma normativa neste manifesto

  Henrique Monteagudo, un dos promotores da reforma normativa, analiza o proceso de acordo entre os departamentos de Filoloxía Galega, a AS-PG e o ILG. Podes lelo aquí.


  Le o texto coas mudanzas que recibiu a Academia en Formato PDF (sen incluir os douscentos folios de explicación). Baixao aquí.

O que podes atopar

Neste especial dedicado á reforma da normativa do galego recollemos todas as noticias que culturagalega.org veu ofrecendo sobre a cuestión desde o mesmo día en que se fixo pública a proposta e todas as que seguirá a desenvolver.
Ademais, o filólogo Serafín Alonso, especialista na evolución da normativa do noso idioma, aclara nun artigo de contexto as diferencias entre as normas en conflicto e aporta unha cronoloxía da evolución das diferentes propostas normativas para o noso idioma.
E para a afondar neste tema, un dos que máis discusións ten motivado no mundo cultural galego, ofrecémosche unha boa selección de ligazóns a páxinas que recolle información sobre o tema ou que explican polo miúdo as distintas posturas.

 

OS CAMBIOS

GUÍA RÁPIDA

¿Cal era a proposta?
Dun xeito rápido, pódese dicir que é un cambio máis simbólico que real sobre o emprego das palabras ou a ortografía. Á hora de escribir non se van producir grandes modificacións a como o facemos agora. Pero aumenta o número de opcións sobre como podemos escribir as cousas. E esas opcións son as simbólicas. Por exemplo, se entenderá como 'normativo' escribir 'Galiza' no canto de 'Galicia'.

¿Por que se quería cambiar?
A normativa oficial do galego estivo sometida a grandes discusións dende que en 1970 a Real Academia Galega, que é quen ten competencias nesta materia, aproba unha normativa estándar. O motivo destas discusións era, e é, a relación do galego co portugués. ¿É o galego un idioma de seu?¿É unha variante dialectal do tronco común galego-portugués? A discusión actual que provocou esta iniciativa tenta por de acordo a aqueles que defenden a normativa oficial e os que defenden unha postura de 'mínimos' en relación co portugués. Para saber máis, podes consultar o artigo de Serafín Alonso sobre esta materia.


¿Quen promoveu a reforma?
Basicamente, os departamentos de galego das tres universidades, o Instituto da Lingua Galega, a segunda máxima autoridade na nosa lingua despois da Real Academia, e diferentes entidades asociativas que defenden e empregan o galego de 'mínimos'. Os reintegracionistas de 'máximos' non subscriben o acordo.

¿Cal era o obxectivo destes grupos?
Varios: ampliar a base social do galego, xa que as asociacións e diferentes entidades que promoven o galego de 'mínimos' son moi influíntes e activas na sociedade galega. Un acordo deste tipo ampliaría, segundo estes grupos, o consenso no ensino e na sociedade en xeral arredor da lingua.


s
 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000