|
ELADIO
RODRÍGUEZ,
un compromiso coa
cultura desde a prensa
Eladio
Rodríguez González (1864-1949) é o homenaxeado este ano na celebración
do Día das Letras Galegas. Este artigo presenta algúns aspectos
xerais do seu traballo pola cultura galega en diversos eidos, como
a literatura e a música, e, sobre todo, elementos da súa producción
xornalística.
Contamos, para aborda-la obra xornalística de Eladio Rodríguez,
coas referencias de medios da Coruña, a súa cidade de adopción,
como "El Noroeste" e "La Mañana", ademais de
colaborar en moitos outros xornais da prensa galega e de publicacións
da emigración en América. Destaca, en especial, a súa iniciativa
á fronte do suplemento literario de "El Noroeste", chamado
"Nós. Páxinas Gallegas", precedente directo da revista
Nós.
Tamén contamos coas referencias de varios autores e tamén cunha
breve selección de textos; son, en concreto, seis crónicas e artigos,
como mostra do seu xornalismo de opinión, e dúas noticias. Estes
traballos están tirados de varios medios nos que colaborou Rodríguez.
De "Follas Novas. Diario de La Habana", temos "A orillas
del Avia"; "La espiritualidad coruñesa" de Galicia. Revista del
Centro Gallego, de Montevideo; na Revista Gallega publicou "A orillas
del Avia", "Oro escondido" e "La misión"; finalmente, de El Noroeste
témo-las noticias "Cuadros y esculturas para la Real Academia Gallega"
e "El Museo de Arte de la Real Academia Gallega", ademais dos artigos
do suplemento Nós. Páxinas Gallegas: "Coa porta aberta" e "Na xuntanza
está a forza e na forza está o trunfo".
|