O xornalista

Introducción

Eladio Rodríguez, un compromiso coa cultura desde a prensa

Traballo coma xornalista


Asociacionismo e rutinas laborais

Paixón por Galicia

Nós. Páxinas Gallegas

A xeito de conclusión

ELADIO RODRÍGUEZ,
un compromiso coa
cultura desde a prensa


Traballo como xornalista

Cando Eladio Rodríguez chega á Coruña, "un mociño chegado das aldeas da Avia, cun bimbio xogantín na man e unha pluma de pavo-rial no sombreiro", como o define Pedrayo, inicia o seu traballo como xornalista, aínda que comezara a publicar en "O Tío Marcos d'a Portela" xa na súa estancia no concello de Leiro. Non foran, sen embargo, traballos xornalísticos, senón poemas. A publicación de poesía na prensa, tanto local como americana, foi constante o resto da súa vida profesional.

O mesmo que para a meirande parte de autores contemporáneos e anteriores, as páxinas do xornal eran un medio habitual para presenta-las composicións poéticas que foran premiadas en certames ou que permanecían inéditas. O primeiro medio no que traballa como redactor é o diario "La Mañana, Diario Liberal-Conservador", ó que se incorpora pouco despois do seu establecemento na Coruña. Nesta publicación desempeña o cargo de director, o mesmo que ocorre en "El Noroeste", no que empeza a traballar uns anos máis tarde. En 1896 consta en "El Noroeste" que desempeña as funcións de dirección, pero ó ano seguinte volve formar parte do equipo de "La Mañana". Estes serán os dous medios nos que traballe de xeito máis continuado.

Tamén forma parte da redacción da nomeada anteriormente "Revista Gallega", voceiro das ideas da "Cova Céltica". Esta publicación, dirixida por Galo Salinas, realizou campañas pola unificación e purificación da escritura, uso da fala nas escolas rurais, etc. Ademais, na Revista Gallega apareceu a primeira "Historia de Galicia" escrita en galego e traballos sobre a nosa xeografía. Por outra banda, colabora en medio cento de revistas publicadas en Galicia. Nestes medios de prensa publica tanto poemas, coma traballos xornalísticos. Entre estas publicacións salientan "Domecq en Galicia", "Nós", "O Galiciano", "Tierra Gallega", "A Nosa Terra", "Alfar", "Album Literario", "El País Gallego", "Raigame", "A Monteira" e "A Fuliada".

O labor xornalístico en medios americanos A producción de Eladio Rodríguez chega tamén a América, noutras revistas editadas pola emigración galega: En Bos Aires recollen os seus traballos "Acción Gallega" e "Boletín Oficial del Centro Gallego e Arenteiro", entre outras; en Cuba publica en "La Vida Gallega", "Follas Novas", "A Gaita Gallega", "Galicia Moderna" e "El Eco de Galicia"; en Uruguai ten escritos editados en "Galicia. Revista del Centro Gallego".
 

 

Eladio Rodríguez, vida e obra
Ed. Xerais

Eladio Rodríguez, poeta, xornalista...
Ed. Ir Indo

Oraciós Campesiñas
Ed. facsímile.
Galaxia

 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000