O xornalista

Introducción

Eladio Rodríguez, un compromiso coa cultura desde a prensa

Traballo coma xornalista


Asociacionismo e rutinas laborais

Paixón por Galicia

Nós. Páxinas Gallegas

A xeito de conclusión

ELADIO RODRÍGUEZ,
un compromiso coa
cultura desde a prensa

Paixón por Galicia

A xornada de traballo de Eladio Rodríguez era a tempo total: "traballaba no xornal dende a sete deica as dez. Voltaba despois xa das once i escribía, correxía, aconsellaba, dono e mestre sotil e bon de todas as chaves do oficio, deica as catro da mañá, ou aínda uns cartos de hora máis". Os faladoiros nos cafés eran unha fonte de temas habitual para os seus escritos na prensa local.

Pero a actividade de Rodríguez como xornalista conecta as súas outras tarefas diarias co exercicio do xornalismo, de xeito que actúa como aglutinante das súas reivindicacións en tódolos eidos. Os xornais cumpren así a función de voceiros do autor que destaca no seus textos a paixón por Galicia, fóra de polémicas e xenreiras personais. Os temas dos seus traballos confirman plenamente esta actitude, xa que en ningún caso se adica á crónica política ou a temas de carácter polémico.

Os artigos e noticias escollidos confirman a idea de Eladio Rodríguez de loitar pola cultura galega dende as páxinas do xornal, dende tódalas frontes nas que el estaba implicado. A Real Academia Gallega é con frecuencia protagonista e, ó tempo, fonte das súas noticias, como institución promotora da cultura galega. Por outra banda, Eladio Rodríguez presta especial atención á vida da cidade da Coruña e os seus centros difusores de cultura.

En "La espiritualidad coruñesa" informa ós galegos de Montevideo do ambiente cultural da Coruña, cidade na que se sentía moi implicado como cidadán e intelectual. Sen embargo, Eladio Rodríguez, o mesmo que sucedía na súa poesía, atopa unha fonte de inspiración constante para os seus traballos xornalísticos na paisaxe das ribeiras do Avia e, por extensión, na vida das xentes do rural, coas que se solidariza nalgunha das súas crónicas.

A "Revista Gallega" publica en 1899 tres crónicas nas que fala extensamente do Ribeiro. En "La misión", "Oro escondido" e "A orillas del Avia" (traballo este último que tamén aparece no mesmo ano na revista da Habana Follas Novas) reproduce cunha linguaxe poética e un léxico galego, que se intercala nos escritos en castelán, os elementos que máis lle gustan da vida no campo.

En "Oro escondido" lemos o seguinte: " Los cuentos de las brujas oidos al pie del lar en las tempestuosas y largas noches invernales, las troulerías de nuestras fuliadas, la animación y la algazara de nuestras romerías, los aturuxos de los mozos en los días de la vendimia, las risotadas del fiadeiro, los encantos de las fiestas religiosas (...) ¿qué tesoros de arte encierran y que veneros de riqueza argentífera ocultan". Ó tempo, Eladio Rodríguez intenta compensar esta visión idílica do rural con certas presentacións dos problemas sociais dos labregos, como podemos comprobar en "A orillas del Avia": "Ellos no pagan contribuciones (lo cual es una de las mayores gangas), ni necesitan gastar dos pesetas. Ó más, en una cédula personal, porque (lo mismo que á nosotros), no les hace falta para nada; ni se ven acometidos por esa plaga de recaudadores que, tintero de cuerno en ristre, acometen sin consideración de ningún género al pobre labrador hasta chuparle las mismísimas entretelas".

A crítica literaria é outro dos eidos nos que traballa Eladio Rodríguez pero, en embargo, o máis importante é o labor de promoción da literatura galega que dende "El Noroeste" desempeñou como un dos creadores do suplemento "Nós. Páxinas Gallegas".


 

 

Eladio Rodríguez, vida e obra
Ed. Xerais

Eladio Rodríguez, poeta, xornalista...
Ed. Ir Indo

Oraciós Campesiñas
Ed. facsímile.
Galaxia

 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000