outros textos
"Na xuntanza está a forza e na forza está o trunfo",
El Noroeste,
20/III/1919

axenda
consulta a nosa axenda os actos que se organizan na celebración deste día.

documental
"Os mutis de don Eladio", Rodríguez González danos unha visión da sua vida, unha producción para o Consello da Cultura Galega.

 

COA
PORTA
ABERTA.
TEXTOS

+textos



" El Noroeste", 10 de setembro de 1918

Coa porta aberta

Os que escribimos hoxe EL NOROESTE somos amigos de que as verbas de ofrecemento vayan seguidas dos feitos reales. Estamos cheos en Galicia de promesas, porque hastra o de agora todol-os políticos de oficio que por aquí viñeron e todol-os gallegos de léngoa que se meteron n'eses tobos escuros da endiañada política, non viviron máis que de promesas e soyo con promesas engayolaban ós pobos que sempre foron e disgraciadamente ainda son uns malpocadiños.

Vai sendo tempo de que se troquen os moldes vellos, que xa están en descreto total. Por eso nós queremos dal-o exempro, comenzando por cumprir o que fai poucos días dixemos de ir paseniño, paseniño, n'esta labor do galleguismo fondo e sinceiro que non debe andar en léngoas nin en prumas, sinon que debe estar nos corazós e nas conciencias para meterse nas almas y-enterrarse nos espritos. Imos dispacio por que así chegaremos lonxe. D'este modo non hai medo ôs tropezos.

¿Qué cal é o ouxeto y-a finalidá d'esteas follas en galego? Dirémolo. Non se trata de grandes cousas nin de trascendentales probremas. Trátase de que a nosa fala melosiña vaya pouquiño a pouquiño ganando terreo nas conciencias, para que non haxa gallodos desleigados que se avergoncen de selo e de falar n'esta doce, n'esta meiga léngoa que é "falar das fadas", "idioma en que garulan os paxaros, en que falan os ánxeles ôs nenos"... Por estas páxinas, sin mais pretensiós que esa de inzal-o noso idioma, irán pasando todol-os nomes dos que escribiron y-scriben en prosa gallega e todol-os poetas da terra, que compuñeron os seus versos na nosa léngoa nai, como o grorioso Curros y-o barudo Pondal y-a santa Rosalía.

Serán, pois, estas follas probiñas unha colección que, co tempo, figurará entr'as máis enxebres da literatura gallega Serán para todol-os que as garden e queiran encuadernalas, unha compreta Antoloxía d'escritores gallegos, dend'os que están consagrados hastr'os que inda empezan. Cobizamos facer d'estas páxinas unha xuntanza agarimosa de xentes vellas e xentes novas. D'este xeito haberá n'eles todo o respeto e toda a admiración que merecen os nosos crásicos, e toda a preteunción e toda a axuda que hai que darlle ôs nosos principiantes.

Son chegadol-os tempos en que fai falla sumar todol-os esforzos e todol-os valementos. A nosa obra será eso. Abrirlle á porta á cantos teñan condiciós para sentarse a tomal-o sol n'esta humilde solaina da literatura da nosa terra. Coidamos cumprir d'esta maneira un deber de gallegos verdadeiros, e temos por seguro que así faremos unha labor de sinceira Irmandade onde queipan todos. ¡Terra a nosa! ¡Fala a nosa!
 


 

 

Eladio Rodríguez, vida e obra
Ed. Xerais

Eladio Rodríguez, poeta, xornalista...
Ed. Ir Indo

Oraciós Campesiñas
Ed. facsímile.
Galaxia

 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000